Daily Archives: 28 Febreiro, 2011

La cuestión humana

No mesmo momento no que saíron na pantalla os créditos do filme, fíxose o silencio na sala, mirámonos unhas ás outras e preguntámonos: de que vai a película? Que acabamos de ver? Os minutos posteriores estiveron cheos de dúbida, pero foron esenciais para a posterior reflexión e intentar comprender que foi o que quixo amosar o director nesta película tan “diferente” ao cine que estamos acostumados a ver.  La cuestión humana é un complexo e extenuante filme francés, difícil de comprender (esta idea pode estar ligada ao feito de que só está dispoñible en francés con opcións de subtítulos).

Read the rest of this entry

A corrupción, o pan noso de cada día

No almorzo estiven charlando con miña nai sobre a posible construción do vertedoiro na aldea porque a noite anterior estiveramos lendo algunhas noticias na rede relacionadas co tema.  Ó mediodía, como case sempre, a miña compañeira de piso máis eu  estivemos vendo La Sexta Noticias que abría o noticiario  cas revoltas no mundo árabe . Sempre comentamos o que máis nos chama a atención e ese día centrámonos no anuncio da operación de Esperanza Aguirre . Pola noite a noticia da corrupción do PP serviunos como punto de inicio dunha discusión sobre a corrupción no noso propio concello.   As noticias que aparecen nos medios de comunicación servironme en moitas ocasións durante o día para entablar comunicación co entorno que me rodea.

“Conectada” ós medios

Luns 21/02/2011

O contacto cos medios pola mañá baseouse na escoita dos informativos na radio (RTVE), destacando a nova sobre as violentas medidas adoptadas polo ditador Gadafi contra as revoltas en Libia. As polémicas declaracións de Gadafi, tildando os manifestantes de “terroristas”, desencadearon un breve debate coa miña nai en torno a cruenta resposta do réxime. Ó longo do mediodía o consumo orientouse a televisión, concretamente ó telediario de Cuatro e a Deportes Cuatro. Do primeiro caso destaco a nova acerca da operación de cáncer de mama de Esperanza Aguirre xa que derivaría no  argumento do discurso relacional cunha amiga. No segundo caso saliento o enfrontamento do Real Madrid co Olympique de Lyon posto que desenvocou nun breve coloquio deportivo. Durante a tarde o consumo dirixiuse ó cine, concretamente a película de Woody Allen Cassandra’s Dream, tomando a mensaxe do filme como material de reflexión e de paso a unha conversa en torno o tema central da película. Por último, pola noite adiqueime a ler as versións dixitais dos xornais deportivos Sport e As, comentando as noticias máis anecdóticas con algunhas amigas nas diversas redes sociais.

Silvia Seoane Lorenzo 4V

Aranzubía, el Liverpool y Glee

Lunes, 21 de febrero de 2011
Me levanté por la mañana, como todos los lunes para ir a clase. Como siempre, los lunes son un hervidero de “¿y sabías?” o “¿y viste…?” comentando todo lo referente al fin de semana. Obviamente, éste no iba ser diferente. Dos temas centraron las conversaciones con mis amigas: el paripé de la adelantada final de OT y el gol de Aranzubía. Mientras comía, y al enterarme viendo en el informativo de Antena 3 de la noticia del cáncer de Esperanza Aguirre, lo comenté con mis amigas, con las cuales, luego estuvimos debatiendo las mejoras o no mejoras que se han dado en los sistemas de detención de este tipo de patologías. Luego consulte los diarios: Marca, As, Sunday Mirror y The Sun; mientras veía una parte de Sé lo que hicisteis. Con una amiga comenté la noticia de que el Barça había recibido una oferta por Afellay por parte del Liverpool, lo cual me asustó. Pude ver los últimos minutos de El Diario en Antena 3 lo que me provocó unos instantes bastante graciosos y me conecté a mis redes sociales. Por la noche, vi las noticias de TVE. Después de la cena, sintonicé la serie El Barco y el capítulo 2×13 de la serie Glee con Cristina con los consiguientes comentarios de la misma. Cuando Cris se fue, me leí dos capítulos de Arabella, de Georgette Heyer. Después de esto me dormí.

Grupo TGP: 4V

Vilela Montecelo, María

Los medios favorecen la interacción

Lunes, 21 de febrero de 2011.

Nada más levantarme mantuve una conversación con mi madre sobre el tema que había copado los medios durante el fin de semana: la situación preconcursal de Nueva Rumasa. Durante la mañana, al ir conduciendo hasta clase y volver, escuche la radio, la emisora Los 40 principales. En clase comenté con una compañera el partido de fútbol del Deportivo del domingo, en el que Aranzubía había marcado un gol. Al mediodía, mientras comía, encendí el televisor para ver el informativo de Tele Cinco y media hora del programa Sé lo que hicisteis. Durante la comida hablamos de la noticia del día: el cáncer de mama de Esperanza Aguirre. En la sobremesa, mientras me tomaba un té, leí un artículo del Semanal de El País del domingo. Como tenía que ir al dentista, y todos sabemos cuánto hay que esperar, hojeé entero el diario El Mundo. Al llegar a casa me conecté a Internet para visitar mis redes sociales (Facebook y Tuenti) y el correo electrónico. A las ocho y media de la tarde fui a tomar un café con mi novio y leí el periódico El País, centrándome en la sección de internacional. Las revueltas sociales en el mundo árabe monopolizaron mi atención en el diario, así como nuestra conversación, que giraba en torno a una posible oleada migratoria. Por la noche, en casa, encendí el televisor mientras cenaba para ver El Intermedio y Callejeros viajeros, a la vez que mi padre me contaba historias sobre la ciudad que estaba visitando el último programa: Santiago de Chile. Al poco rato me cansé, apagué el televisor y leí un rato El hombre unidimensional antes de acostarme.

Sanisidro Pouso, Laura

Grupo TGP: 4V

¿É a nosa educación tan diferente?

Neste traballo imos achegarnos o concepto de educación dentro do ámbito familiar. Aínda estamos dando os nosos primeiros pasos, polo que a estructuración do que vai ser o noso traballo así como do material co que contamos son as accións que están ocupando agora mesmo case todo o noso esforzo.

A familia é unha das bases da educación das persoas, senón a verdadeira base. Quizáis sexa por esto que o tema é realmente moi extenso e faise practicamente inabarcable. Por esta razón quixemos acotar ó máximo o noso estudo. Partindo da hipótese de que existen diferenzas entre a educación recibida polos nosos pais e por nós mesmos, queremos atopalas e, se é posible, explicalas. Para esta tarefa, propoñemos un método que nos encadra como observadores e participantes do estudo: analizar as nosas propias familias. Pensamos que podemos achegar resultados moi interesantes, xa que contamos con modelos de familia que se diferencian en varios aspectos, como a pertenza xeográfica ou o nivel de estudos dos integrantes. Neste traballo dividimos a educación en dúas vertentes: a reglada (a que podemos obter nos colexios, por exemplo) e a chamada social (a que se da no seo da familia e respecto os demais). Polo momento, seguiremos traballando e informaremos dos nosos avances puntualmente no blog.

 

TGA 4a1

“Abuelito dime tu…”

Cando foi a última vez que tiveches unha conversa con teus avós? Reparaches algunha vez que, se cadra, non aproveitas todo o tempo que tes con eles? Realmente pensamos tan diferente? Con todas estas preguntas na cabeza comezamos a facer o noso traballo, tentando reflexionar sobre a forma na que nos comunicamos cos nosos avós e como inflúe iso na transmisión dos valores. A relación comunicativa que temos con eles será analizada a través do grao de motivación, reciprocidade, empatía, a posición de cada un na relación… Mentres que os valores que se transmiten estudaranse a través de preguntas relacionadas coa familia, o traballo, a educación, a posición da muller na sociedade … todas as cuestións que, ao noso parecer, poden marcar a personalidade dun individuo e poden ser obxecto de transmisión interxeracional. A través dunha conversa con eles tentaremos dar resposta e solución a todas estas preguntas que nos moveron a facer o traballo.

(Grupo TGA 3a1)

TGA 4b3. Eu, min mesmo e Facebook

Esta semana o grupo 4b3 adicouse a tentar definir o que é Facebook, para iso vimos o filme “The social network” do director David Fincher. Nela puidemos analizar unha serie de aspectos que cremos que nos poden axudar para a elaboración do proxecto e que, cando menos, poden resultarvos interesantes.

En primeiro lugar sacamos en limpo unha idea que nos rondaba pola cabeza dende hai días, pois coa adhesión a Facebook o individuo comeza a supeditar a súa vida real en prol davida virtual, como se exemplifica no filme cando o protagonista, coa teima de querer formar parte dun Final Club, pon en perigo a súa vida persoal. O que comezou sendo unha páxina para citas entre os alumnos de Harvard rematou converténdose nunha rede de intromisión no que a privcidade dos individuos queda supeditada á “necesidade” de coñecemento dos demais usuarios que, á espera de actualizacións, comentarios e peticións de amizade  (fama) saciaban a sú sede de coñecemento da intimidade dos outros ós que denominamos amigos.

Agora abrimos o debate: é facebook unha ferramenta de comunicación e socialización? Que significado ten a palabra amigo?  Un saúdo, vos deixamos un vídeo parodia sobre o noso elemento de investigación, disfrutádeo.

Compostela: exclusión vs inclusión

O noso traballo aínda está na súa etapa máis embrionaria. Xa tiñamos claro dende un primeiro momento que a “semente” do traballo, o seu núcleo, era analizar se a sociedade compostelá exclúe a un grupo de persoas e, de facelo, se existe comunicación entre o grupo dos “excluídos” e o dos que non o están. Un grande avance que fixemos nesta última semana foi acota-los espazos onde imos analizar se existe exclusión. Despois da “reestruturación” que fixemos, decidimos que a nosa área de traballo sería a praza de Cervantes. Por que este lugar? Porque é un entorno onde interactúan (ou, polo menos, coinciden) os veciños da praza, as persoas sen fogar que buscan alá un acubillo, artistas da rúa facendo malabares e usuarios da Cociña Económica, situada moi preto de alí, de camiño a recibir un bo prato de comida.

Pero o máis interesante deste traballo, coma de case todos, é o traballo de campo. Temos que facer unha pequena esculca bibliográfica antes de empezalo. Pois ben, foi esta semana cando comezamos a mergullarnos en libros coma Ética de la liberación en la edad de la globalización y de la exclusión, de Enrique Dussel ou Ciudadanía: justicia social, identidad y participación, de Soldedad García e Steven Lukes. O que saquemos de aí proporcionaranos unha interesante base teórica sobre os procesos de exclusión, sobre a cal poderemos cimenta-lo noso traballo.

TGA 3b2

Agenda política y tendencia

En nuestro TGA, como ya adelantamos en el titulo, trataremos de analizar la agenda política de 3 periódicos gallegos (El Progreso, El Diario de Pontevedra y El Correo Gallego). En ellos intentaremos identificar y hablar sobre como funcionan a la hora de mostrarnos las  noticias políticas y así mismo, como difieren en ellas, cual es su tratamiento de cara al público/consumidor, es decir, su tendencia.

Para ello analizaremos alguna noticia política tratada en los tres periódicos y hablar sobre su forma y tratamiento por parte del diario. También realizaremos una entrevista a cada uno de los redactores de la sección en la que basamos el trabajo y contrastaremos lo que nos digan con lo que vemos en los periódicos.

Grupo 4b2

As modas e os nenos

Hannah Montana, Selena Gómez, Jonas Brothers… son iconos dos que seguramente terás escoitado falar e que moven a millóns de fans e de cartos.

Basta con camiñar pola rúa para encontrarse con mochilas, bolsos e camisetas destes personaxes, portados por nenas de grande sorriso satisfeito.

Neste TGA pretendemos investigar a orixe deste sorriso. Imos intentar descubrir que teñen de especial os ídolos adolescentes para atraer tanto ós rapaces. Así tamén ver a influencia na súa vida diaria.

A nosa estratexia consiste en primeiro lugar en documentarnos sobre o canal Disney Channel para logo falar cos nenos e nenas que seguen cada día as súas series, e que nos transmitirán o valor que ditos programas teñen para eles.

Ademais o grupo intentará coñecer en primeira persoa esas formas de actuar. ¿Como lle afecta a un rapaz que os seus compañeiros teñan os produtos dos seus ídolos? ¿Que supón esta reacción para a relación entre fillos e pais?

Estas interrogacións son as que imos resolver durante a nosa investigación.

TGA  3a2

Tuentiañeros

O noso traballo do TGA vai consisitir en analizar ata qué punto nós e os nosos grupos de amizade expoñemos a nosa vida privada no tuenti. Para iso cada membro do grupo investigará entre os seus contactos máis achegados cómo cada persoa constrúe o seu eu virtual. Analizaremos cómo algunha xente a través das súas accións no tuenti intenta aparentar ser quen non é ou alardear do que ten. Tamén nos interesa observar cómo algúns usuarios publican os seus sentimentos ou estados de ánimo a sabendas de que os van ver todos os seus “amigos”. Indagaremos se hai ou non intencionalidade nestes actos, intentando descifrar ata qué punto a xente fai estas manifestacións para chamar a atención dos demais.

TGA 3b1

Os topoi da violencia de xénero

En relación a temporalización feita, atopámonos finalizando as etapas de documentación e a de xestión de fontes. A documentación estamos centrándoa en noticias con foco en Galicia para facilitar o acceso á información. Tamén en libros e artigos sobre a redacción xornalística en temas sociais (e máis concretamente de violencia de xénero), e informacións sobre casos de violencia de xénero.

A xestión de fontes está sendo unha tarefa áxil no senso de que queremos acceder a fontes xornalísticas tendo xa un contacto previo coas persoas requiridas, pero algo complexa tendo en conta o difícil que é seleccionar e decidir a importancia das mesmas para o caso estudado.

TGA 3b3. Tratamento da información xurídica relativa á violencia de xénero.

TGA 4b1. Unha fotografía … ¡ mil palabras!

¿Cómo evolucionou o xeito de narrar de tres xeracións diferentes? Esta pregunta será o punto central da nosa análise.
Para isto, utilizaremos fotografías de dous tipos distintos. En primeiro lugar, imaxes simbólicas que representen movementos históricos importantes ou correntes de pensamentos, e así analizar o que isto inspira ós entrevistados.

Por outra banda, usaremos fotografías vinculadas a cada entrevistado e a cada época, pero sempre tocando uns temas principais, de tal xeito que poidamos establecer diferenzas, xa non só entre as narracións (vocabulario, acento, entoación, focalización…) senón tamén noutros aspectos, para confirmar ou desbotar a hipótese de se cambian ou non co paso do tempo, tales como as diferenzas entre o urbano e o rural, costumes de antes e de agora, a importancia que se lle dá a cada cousa….

Esta primeira semana estivemos considerando os instrumentos que resultarán útiles para analizar as narracións, e decantámonos pola entrevista en profundidade, sempre a partir de fotografías. Realizámola con poucas preguntas, pero que dean paso ós entrevistados a construír un relato sobre as propias fotografías.
TGA 4b1 GI4

As viaxes de Sullivan: comunicar é un problema

As viaxes de Sullivan conta a historia dun director de cine que quere plasmar nun filme a difícil situación da sociedade estadounidense dos anos 30 (post-crack do 29).

Observamos como a comedia comeza co problema inicial da non-aceptación dos produtores cinemátográficos da película de Sullivan pois entenden que o director non é quen de transmitir o sufrimento humano pois el non o coñeceu nunca. A partir dese momento comeza a construir un “myself” pobre tentando meterse na pel dun mendigo e amosando todas as diferenzas segundo os estratos sociais da época (dualidade comunidade pobre/ rica).

Tras o seu periplo por unha esfera máis marxinal da sociedade vólvese consciente de que a comunidade non necesita que lle lembren os seus problemas e calamidades cando vai ao cine senón que prefire poder alonxarse deles durante un tempo.

as viaxes de sullivan

Grupo 4T

Explorando o dereito a comunicar

O dereito a comunicar é unha das claves na construcción do “eu xornalístico”. Grazas a el construimos un “nós comunitario” porque a información posibilita as relación interpersoais como construtoras dun coñecemento común. Partindo desta premisa queremos saber como os xornalistas participan na creación dese acervo de coñecementos e como perciben o seu rol na sociedade.

Para comezar faremos unha revisión histórica de como é tratado este dereito partindo da Declaración dos Dereitos Humanos de 1948 e como vai evolucionando co tempo ata a etapa actual.

Como instrumento de análise utilizaremos a entrevista persoal con varios xornalistas e procuraremos na medida do posible ofrecer variedade nas visións de profesionais de diversos medios e soportes (incluso poñéndonos en contacto con sidicatos e ONG de xornalistas),  para ofrecer unha aproximación máis veraz á realidade da profesión.

GI4 4a2

Toda la culpa es de mi madre

O filme francés Toda la culpa es de mi madre fai un retrato das complexas relacións familiares. A farsa sobre a que se cimenta o matrimonio de Mady e Henry Celliers crea unha maraña de mentiras que termina separándoos. Dende o comezo da relación, Henry era consciente de que Mady non o quería, pero só por estar xunto a ela aceptou unha infidelidade co seu profesor de pintura. Desa aventura Mady quedou embarazada do seu primeiro fillo, Antoine. O pintor, que tiña muller e fillo, non recoñeceu ó bebé, polo que Henry se fixo cargo del. Quizais, froito desta decepción, Mady foise convertendo paulatinamente nunha muller fría e distante, incapaz de expresar os seus sentimentos.

Read the rest of this entry

Galicia, ¿me guardas el secreto?


Nuestro TGA está destinado a investigar la relación que existe entre la cultura como elemento de cohesión entre los individuos de una sociedad; y la comercialización de la misma con fines económicos. Nos centramos pues en el estudio de la recientemente creada marca “Galicia”: se presenta una campaña de publicitación del turismo gallego, como contraposición al sur de España, especialmente, Andalucía. Es una campaña donde se comercializan los valores considerados representativos de las tierras gallegas: misterio, hospitalidad, valores emocionales, magia, sosiego, nostalgia, carácter amable. En los diferentes spots presentados, se representa a Galicia como una mujer, un destino con personalidad propia. Todos los elementos representados en el spot  son los considerados representativos de, ya no solo la comunidad, sino de la cultura que ésta representa. A la vista de los diferentes anuncios emitidos sobre la marca, cabe preguntarse si el organismo encargado de crearla habrá caído en el estereotipo a la hora de mostrar el potencial de Galicia al mundo eligiendo como representativos una serie de elementos “típicos”.

TGA 4a3