“Abuelito dime tu…”
Cando foi a última vez que tiveches unha conversa con teus avós? Reparaches algunha vez que, se cadra, non aproveitas todo o tempo que tes con eles? Realmente pensamos tan diferente? Con todas estas preguntas na cabeza comezamos a facer o noso traballo, tentando reflexionar sobre a forma na que nos comunicamos cos nosos avós e como inflúe iso na transmisión dos valores. A relación comunicativa que temos con eles será analizada a través do grao de motivación, reciprocidade, empatía, a posición de cada un na relación… Mentres que os valores que se transmiten estudaranse a través de preguntas relacionadas coa familia, o traballo, a educación, a posición da muller na sociedade … todas as cuestións que, ao noso parecer, poden marcar a personalidade dun individuo e poden ser obxecto de transmisión interxeracional. A través dunha conversa con eles tentaremos dar resposta e solución a todas estas preguntas que nos moveron a facer o traballo.
(Grupo TGA 3a1)
Posted on 28 Febreiro, 2011, in Sen clasificar and tagged Familia, Laboratorio (TGA´s). Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
Pingback: Da lareira ao radiador | Común (e persoal)
Pingback: Alegría, alegría, que vén a romaría | Común (e persoal)
Pingback: As cadeas do pensamento | Común (e persoal)
Pingback: Avoa, actualiza o féisbu! | Común (e persoal)