As modas e os nenos
Hannah Montana, Selena Gómez, Jonas Brothers… son iconos dos que seguramente terás escoitado falar e que moven a millóns de fans e de cartos.
Basta con camiñar pola rúa para encontrarse con mochilas, bolsos e camisetas destes personaxes, portados por nenas de grande sorriso satisfeito.
Neste TGA pretendemos investigar a orixe deste sorriso. Imos intentar descubrir que teñen de especial os ídolos adolescentes para atraer tanto ós rapaces. Así tamén ver a influencia na súa vida diaria.
A nosa estratexia consiste en primeiro lugar en documentarnos sobre o canal Disney Channel para logo falar cos nenos e nenas que seguen cada día as súas series, e que nos transmitirán o valor que ditos programas teñen para eles.
Ademais o grupo intentará coñecer en primeira persoa esas formas de actuar. ¿Como lle afecta a un rapaz que os seus compañeiros teñan os produtos dos seus ídolos? ¿Que supón esta reacción para a relación entre fillos e pais?
Estas interrogacións son as que imos resolver durante a nosa investigación.
TGA 3a2
Posted on 28 Febreiro, 2011, in Sen clasificar and tagged Laboratorio (TGA´s), Miscelánea. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0