TGA 4b3. Eu, min mesmo e Facebook

Esta semana o grupo 4b3 adicouse a tentar definir o que é Facebook, para iso vimos o filme “The social network” do director David Fincher. Nela puidemos analizar unha serie de aspectos que cremos que nos poden axudar para a elaboración do proxecto e que, cando menos, poden resultarvos interesantes.

En primeiro lugar sacamos en limpo unha idea que nos rondaba pola cabeza dende hai días, pois coa adhesión a Facebook o individuo comeza a supeditar a súa vida real en prol davida virtual, como se exemplifica no filme cando o protagonista, coa teima de querer formar parte dun Final Club, pon en perigo a súa vida persoal. O que comezou sendo unha páxina para citas entre os alumnos de Harvard rematou converténdose nunha rede de intromisión no que a privcidade dos individuos queda supeditada á “necesidade” de coñecemento dos demais usuarios que, á espera de actualizacións, comentarios e peticións de amizade  (fama) saciaban a sú sede de coñecemento da intimidade dos outros ós que denominamos amigos.

Agora abrimos o debate: é facebook unha ferramenta de comunicación e socialización? Que significado ten a palabra amigo?  Un saúdo, vos deixamos un vídeo parodia sobre o noso elemento de investigación, disfrutádeo.

Posted on 28 Febreiro, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. O link de youtube por favor anulen xa que bloquea o computador e non dá baixado. Un saúdo.

  2. Moi boas, coido que son o primeiro “dos de cuarto” en deixarse ver.
    O tema facebook-socialización paréceme moi interesante, e é un marco espléndido para investigar os diferentes roles do usuario en relación ás ferramentas da rede social. En primeiro lugar, se lle botamos un óllo ao panorama actual do eido comunicativo, é doado atopar probas de que se caracteriza (entre miles de cousas) por: a) un discurso unidireccional, que utiliza as redes globais para difundirse masivamente, case sempre do centro á periferia; b) dificultades de acceso para converterse en emisor (ademais de ser un discurso unidireccional está monopolizado) e c) apoxeo do criterio económico como “valor informativo” predominante, que pon en evidencia a dependencia dos números de mercado nas empresas de comunicación/xornalísticas.
    O facebook (como rede social) ten un dobre fío que comparte con moitas ferramentas propias da comunicación globalizada: é un arma de homoxeneización e control social estupenda, permite inducir modas, abre as portas a unha publicidade individualizada, mortal, multiplica as posibilidades dun sometemento total ós influxos “malignos”, interesados… Pero tamén é unha ferramenta que a globalización lle brinda aos usuarios para loitar contra sí mesma, pode ser un elemento de unión entre sectores críticos, subversivos, etc., tal e como se confirmou nas revoltas do mundo árabe. É dicir, é un instrumento de socialización que pode ser explotado tanto por consumidores “lúdicos”, coma por individuos con aspiracións a facer del unha ferramenta “en prol” de comunicación.
    ¿Como o usamos nós?

    • Querido alumno de 4º, en primeiro lugar moitísima gracias por empregar o teu tempo en tentar descifrar o que queremos conseguir co noso traballo. Estaríamos encantados de que se deixase ver máis por estes lares, xa que se facemos un breve análise, agás o equipo de corrección, é o único que se interesa polo noso proxecto. Como resposta ós teus interrogantes fixémosche mención no seguinte post (desculpen as molestias), coido que non resposta a tódalas túas dúbidas, pero é un pequeno achegamento. Estaríamos encantados de, a diferencia do que facemos nas redes sociais, manter unha conversa bidireccional contigo.
      Un saúdo moi cordial 4b3 Blanca Tejero

  3. Miurel Gonzalez 3a2

    Aconsejamos siempre usar elementos visuales, para hacer más entretenidos cada post, y este tema da mucho para eso, además que no cuesta nada poner los videos de youtube.

  4. Tedes que etiquetar ben os vosos posts por favor. Pasado mañá borraremos os que están mal etiquetados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: