La cuestión humana
No mesmo momento no que saíron na pantalla os créditos do filme, fíxose o silencio na sala, mirámonos unhas ás outras e preguntámonos: de que vai a película? Que acabamos de ver? Os minutos posteriores estiveron cheos de dúbida, pero foron esenciais para a posterior reflexión e intentar comprender que foi o que quixo amosar o director nesta película tan “diferente” ao cine que estamos acostumados a ver. La cuestión humana é un complexo e extenuante filme francés, difícil de comprender (esta idea pode estar ligada ao feito de que só está dispoñible en francés con opcións de subtítulos).
Despois dunha gran posta en común, chegamos á conclusión de que un dos obxectivos da película é reflectir como os humanos gardamos a historia que nos gusta na memoria e a necesitamos, igual que os executivos das grandes empresas (como é o caso de Just na película) precisan os traballadores para facer aquilo que facemos nós coas historias que sabemos, pero sempre sendo eles os que mandan nos seus subordinados. Despois de reparar en todas as referencias nazis coas que conta a película, documentámonos sobre cal era o que o director quería contar, e chegamos á conclusión de que fala dos xogos de rol e selección dos nazis, e por iso mostra imaxes propias da selección nos campos de concentración. Esta é unha película complexa ante todo, feita para incitar á reflexión e sobre a que convén documentarse para chegar a entender todo o simboloxismo que encerra.
Aquí vos deixamso o trailer:
E para os que estean interesados en ver a película enteira: http://peliculas2.com/descargar-la-cuestion-humana-6495.fx
Fontes consultadas: http://www.miradas.net/2008/n80/actualidad/klotz/index.html
Grupo 3Q
Posted on 28 Febreiro, 2011, in Sen clasificar and tagged Club de lecturas, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Lo bueno de las películas complicadas, es que puedes interpretarlas de diferentes maneras, según el tipo de persona que seas. Hacer una puesta en común en grupo sobre dicha interpretación y documentarse para llegar a ella es sin duda un buen trabajo de lectura.
Pingback: Tomade notas… xa é tarde! | Común (e persoal)