Toda la culpa es de mi madre

O filme francés Toda la culpa es de mi madre fai un retrato das complexas relacións familiares. A farsa sobre a que se cimenta o matrimonio de Mady e Henry Celliers crea unha maraña de mentiras que termina separándoos. Dende o comezo da relación, Henry era consciente de que Mady non o quería, pero só por estar xunto a ela aceptou unha infidelidade co seu profesor de pintura. Desa aventura Mady quedou embarazada do seu primeiro fillo, Antoine. O pintor, que tiña muller e fillo, non recoñeceu ó bebé, polo que Henry se fixo cargo del. Quizais, froito desta decepción, Mady foise convertendo paulatinamente nunha muller fría e distante, incapaz de expresar os seus sentimentos.

A relación matrimonial de Mady e Henry baseouse só na aparencia e na falta de cariño, que Mady disimulaba con falso desdén polos sentimentos alleos. Sobre isto, cimentaron unha familia de tres fillos: Antoine, director dunha ruinosa empresa de arroz; Alice, pintora con tendencias depresivas que expresa na súa obra; e Annabelle, enfermeira dunha unidade de coidados intensivos afeccionada a ler o futuro nas cartas do tarot. O forte carácter de Mady e de Alice enfróntaas continuamente: Mady non atura a rebeldía da súa filla maior e Alice detesta a hipocresía da nai. Outro factor que dificulta a relación materno-filial  é o ton acusativo que emprega Mady contra Alice, a que lle recrimina constantemente as súas condutas. A frialdade de Mady  fere a relación cos seus fillos, especialmente con Alice que, sen querelo, seguiu o mesmo camiño da nai namorándose dun home casado. Aí comeza a complicarse a historia. Alice coñeceu a Jacques, un policía marcado por un pai, prestixioso pintor, ó que apenas coñeceu (morreu cando el tiña cinco anos) e unha nai coa que non mantén boa relación. Ademais, á súa esposa, á que xa non quere, queda embarazada ó mesmo tempo que el namora de Alice. O pouco que Jacques crera herdar do seu pai eran uns cadros, pero cando indagou na herdanza descubriu que non llos deixara a el, senón a un fillo ilexítimo. Tras numerosas pescudas, Jacques descobre que o seu irmán é Antoine, o irmán de Alice. O descubrimento da verdade acaba coa relacións de Alice e Jack, de Mady e Henry e de Antoine co que ata entón consideraba o seu pai. Ó final, os protagonistas acaban por comprender a dificultade da súa situación e, superándoa, conseguen establecer relacións afectivas sen prexuízos nin rancores.

A película amosa a capacidade de disolución do ser humano ante a sociedade, que moitas veces abandona os seus desexos sucumbindo ó ben comunitario. No filme exemplifícase no matrimonio formado por Henry e Mady ou coa obriga do pai de Jacques a permanecer coa súa familia. Toda la culpa es de mi madre expón a dificultade das relacións humanas, nas que se confrontan o querer co deber. Ademais, reflicte a necesidade da consolidación dun marco común de entendemento, incluso obviando ou transformando a realidade, na procura da unión en comunidade ou, neste caso, da construción dunha familia.

Disfrazada de neurose familiar, Toda la culpa es de mi madre, expón a dificultade das relacións interpersoais, nas que abundan os prexuízos e a hipocresía, á vez que deixa a sensación de que é esa hipocresía a verdadeira característica sobre a que se cimenta o establecemento das relacións e unións humanas.

Localizador TGP: 4V

Posted on 28 Febreiro, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Es un buen texto resumen de la película, pero se hace un poco pesada su lectura. Podríais agregar un trailer, fotos, etc. Recordad que el blog debe ser ameno.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: