Comunicación:a clave do éxito.
O libro que nos ocupa trata, como o título indica, sobre a Comunicación organizacional interna. Proceso, disciplina e técnica. Nel, Horacio Andrade analiza a importancia que ten para as empresas e organizacións a mellora dos medios tradicionais de comunicación, o desenvolvemento de habilidades e o afianzamento da comunicación interpersoal.
A primeira parte desta obra trata sobre o que é a comunicación organizacional interna: un proceso social, unha disciplina e un conxunto de técnicas dirixidas a construir a comunicación (interna e externa). Os seus obxectivos son: a identificación coa organización (cultura corporativa, uso de símbolos e memes); a información (relevante, suficiente, confiable e oportuna); a integración para fomentar o traballo en equipo; a imaxe ou percepción favorable; e a investigación como proceso para definir as necesidades de información e avaliar a efectividade da comunicación. Como métodos de investigación, Horacio Andrade cita, entre outros, as entrevistas persoais, a observación “in situ” ou a análise de medios. Con respecto a isto, o comunicador organizacional debe contribuir ao cumprimento dos obxectivos organizacionais, usar unha estratexia, promover unha comunicación eficiente e utilizar os medios existentes. Así, xurde un modelo xeral de comunicación organizacional interna baseado no diagnóstico, na detección das necesidades de información, no desenvolvemento dunha estratexia e na aplicación dun plan de medios (institucionais ou interpersoais). Finalizado o proceso, débese levar a cabo unha avaliación a través de diversos métodos.
A segunda parte do libro recolle temas de crecente interese no campo da comunicación organizacional: a Administración de Recursos Simbólicos na empresa; as dificultades e problemas que suscitan os cambios organizacionais; a comunicación intercultural, para a cal o comunicador debe estudar e entender ao outro, asumir e aceptar a diversidade, evitar as xeralizacións e os estereotipos, etc; e a figura e papel dos líderes como comunicadores, que deben ter habilidades de comunicación interpersoais, estilo persoal, dominio do manexo de impresións…
ANDRADE, Horacio Comunicación organizacional interna: proceso, disciplina y técnica (2005) Ed. Netbliblo.
TGP 1D
Posted on 2 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Club de lecturas, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0