V4 Villar Pardo Un día para esquecer?

Sempre me levanto con música para comezar ben o día aínda que xa estabamos a mércores e xa faltaba pouco  para rematar a semana.  Na facultade aproveitei para ollar moi por encima o xornal De Luns a Venres que , como case todos os medios ese día, destacaba en primeira páxina o conato de golpe de Estado de Tejero.  Ese mércores foi un continuo bombardeo de noticias todas relacionadas co tema. Resúltame moi chamativo que cada ano os medios dean a coñecer novos detalles dun pasado que moitos intentan esquecer.  Aínda que cómpre que se esquezan xa da típica pregunta que lle prantexan á xente: que facías ti o 23 de Febreiro? Paréceme unha pregunta tan absurda…. case todos  estaban pendentes das noticias que retransmitía a televisión, temerosos de que se volvera a instaurar a ditadura.  Ó mediodía a noticia de Carme Chacón como posible candidata do PSOE centrou a miña atención : España gobernada por unha muller?…..  Creo que é un pouco utópico nun país como o noso que peca de falsa modernidade .  Pero o que quizais me chamou a atención foron as fotos de Esperanza Aguirre  saíndo nunha padiola despois da operación. Onde están os límites da privacidade e da ética ?  onde se atopa o límite entre a prerrogativa a informar e o dereito á intimidade?   Que pena  que moitas veces o mellor oficio do mundo ( como dicía Gabriel García Márquez) teña que recurrir á inmundicia.

Posted on 2 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    ¿Los medios que has consultado han fomentado tu comunicación con la gente de tu entorno? ¿ Crees realmente que el periodismo está recurriendo a la inmundicia cuando sacan a Esperanza Aguirre en una camilla? Puede que con imágenes de ese estilo se esté violando la intimedad de las personas , pero ¿no se hacía cuando salian imágenes de las fiestas privads de Berlusconi? Gracias a esas fotos todo el mundo pudo saber quien es realmente esa persona, ¿Por qué no se le defendió a él también?.

  2. Creo que os medios de comunicación ( cunha función informativa) sempre fomentan a interación porque repercuten en maior ou menor medida na nosa vida. A barreira entre o ético e o profesional á que me refiro está cada vez máis difusa. Se o xornalismo está nunha crise profunda como moitos afirman quizais sexa por ese carácter de voitre carroñeiro que adquiriu ó longo da historia. Penso que é convinte distinguir entre as orzxías de Berlusconi e a grave enfermidade de Esperanza Aguirre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: