Próximo destino: a terminal do aeroporto

Pola mañá, ademais de escoitar música en youtube, aproveitei para ollar elpaís.es, ó mesmo tempo que abría as ventás do Facebook e do Tuenti para falar cuns amigos. Pola tarde estiven vendo a televisión ( siete vidas) durante case tres horas seguidas ( o meu é case unha patoloxía). As revoltas en Libia seguían sendo a principal noticia coa que abrían todos os medios de comunicación. Pero a miña atención centrouse no anuncio  dos traballadores de AENA que ameazan cun posible parón en Semana Santa e nalgunha data significativa da época estival  para protestar contra a privatización dos aeroportos españois.  Quizais aconteza algo semellante ó caos da ponte da Constitución que arruinou as vacacións de milleiros de pasaxeiros, sempre empregados como refén involuntarios nas negociacións entre Estado e Sindicatos. Outras das noticias que copaba a case totalidade dos medios era a antesala dos premios Oscar ; a incertidume  sobre a organización da gala, os traxes que levarían as estrelas, as xoias… todas esas banalidades que os medios de comunicación analizan de xeito minucioso en milleiros de páxinas baleiras de sentido.  O meu consumo ese día foi moderado porque, exceptuando algunhas novas, era o mesmo de sempre ( as  mesmas cábalas absurdas sobre os premios cinematográficos)

V4 Villar Pardo, Soraia dieta de medios Sábado 26/02/2011

Posted on 6 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica y corrección

    Estupendo post, tratas todos los contenidos que has visto en la televisión, ocio e información, destacando sobre todo el contenido informativo. Haces mención a las noticias más importantes que has visto tanto en los periódicos como en los informativos de la televisión e incluso haces un pequeño comentario sobre ellas. ¿Estas noticias han fomentado tu comunicación con las personas de tu entorno?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: