Un cocido con polémica

O remate da semana foi semellante ó seu comezo. Levanteime escoitando a música en youtube e almorcei cas noticias de Televisión Española  de fondo. Case todos os titulares do día referíanse ás revoltas de Libia que seguían copando a meirande parte do espazo informativo.  Ó mediodía, despois de desfrutar das carrozas do cocido lalinense,  estiven botándolle unha ollada na rede ós xornais El País e El Plural que tamén destacaban as insurrecións no mundo árabe e a nova medida de restrición da velocidade máxima nas autoestradas españolas. Durante o xantar compartín mesa con varias xeracións que comentaron, cada un dende o seu punto de vista, as dificultades económicas polas que está a pasar o país e , a pesares da diferenza de idade, chegaron  a unha conclusión común: o goberno actual é incapaz de solucionar os problemas e que  a emigración é, quizais, a única solución  para as vindeiras xeracións .

V4 Villar Pardo Soraia  Dieta dos medios de comunicación.

Posted on 6 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Equipo de crítica e corrección

    ¿Piensas que la comunicación familiar está influida por los temas que se hablan en las noticias en la mayor parte de los casos?¿O que algún tema tratado en las típicas comidas familiares son más importante que los que se anuncian en los telediarios? ¿Esconden ahora la crisis del país con otros temas?

    • Totalmente. A familia é como un pequeno núcleo da sociedade e , coma tal vese influenciada polas preocupacións e polo acaecido ó seu redor. Vivimos nunha comunidade mediatizada que manipula ó individuo mediante a sobreinformación ( xa sei que son moi radical ), unha sobreinformación que condiciona todos os ámbitos da nosa vida – incluído o familiar -. En canto á segunda pregunta , non estou moi segura pero creo que os temas que se tocan nas comidas da familia son aqueles que máis lle atinxen . ( a precariedade das condicións de traballo, a dificultade para chegar a fin de mes..). Creo que nas sociedades máis desenvolvidas tendemos a esconder as nosas miserias ( tamén no eido da información) e a empregar os problemas dos demais a xeito de catarse para esquecer os propios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: