Sexo en Radio Rock

Na película Radio encubierta podemos encontrar dous bandos ben diferenciados. Por unha banda está o conservador goberno británico dos anos 60, que pretende coartar a liberdade comunicativa e de expresión; e pola outra banda está Radio Rock, unha emisora pirata formada por canallas rockeros con ganas de moita marcha. Por sorte para a poboación británica, os “bos” son os mozos de Radio Rock, que durante toda a película adícanse a emitir mensaxes de liberdade e protesta, tocando temas tan tabú coma o sexo.

O filme céntrase no barco pirata dende o cal emite Radio Rock, que se ve a través dos  ollos non tan inocentes de Carl, un rapaz que acaba de ser expulsado da escola e ó que a súa nai o manda a pasar unha tempada ó barco a cargo do seu padriño Quentin. A vida de Carl tomará un novo rumbo dende a súa chegada, descubrindo o pracer de non ter normas e sobre todo do sexo.

Radio Rock non só é unha emisora de radio pirata. Parece ser, para o inmenso público feminino que a escoita, un auténtico mito da revolución sexual. Todos e cada un dos locutores son desexados a morte. O sexo transfórmase así nun continuo en todo o filme, marcando a vida de tódolos personaxes (e sobre todo a de Carl).

Un dos rasgos que máis nos impactou da película, meténdonos xa no apartado comunicativo, é o público fundamentalmente feminino de Radio Rock. Trátase dunha emisora composta principalmente por homes. Isto – ademais dos continuos comentarios sexuais dos locutores – fan que as mulleres británicas sexan adictas á programación de Radio Rock.

Seguindo no eido da comunicación, podemos citar outra das argalladas sexuais dos compoñentes da emisora, que fai referencia ao seu trato case familiar.  Por exemplo, que David mantén relacións sexuais ca moza de Carl. Sen embargo, e tras unha pequena rencilla, ámbolos dous seguen tan amigos coma sempre. O mesmo pasa entre Simon e Gavin, posto que unha muller cásase co primeiro para poder deitarse co segundo.

Esta película convírtese así non só nunha humorística crítica ó goberno británico dos anos 60, senón nunha homenaxe desinhibida á revolución sexual, e ó sexo.

TGP: 3O

Posted on 10 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. grupointeractivo1

    Pero homenaxe con tódalas letras? Supoño que si. E supoño que como comedia que é certas referencias e comentarios deben ser tomados con humor. Brillante película!

  2. Equipo de crítica e corrección

    Debeis saber que el enlace no sirve, no podeis subir algo y no aseguraros de que los demás puedan visualizarlo. Buscad una solución para el vídeo.

  3. Supoño que algún graciosillo (ou os do mismo EIC) solicitaron que o vídeo non puidese reproducirse (quizá polo explícito do seu contido…). De todas maneiras, volvémolo colocar. Espero que non pase de novo.

    As nosas desculpas…

    Cristina Martínez Carou 3O

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: