Canino

Arturo Ripstein ou Stanley Kubrick, por citar dous directores do outro lado do Océnano Atlántico, xa mostraran anteriormente as súas particulares visións do mito da caverna do grego  Platón, incluíndo ademais neste campo a esquizofrénica triloxía de Matrix, dos irmáns Wachowski, pero quizás fixera falla un cineasta da mesma nacionalidade do filósofo clásico para levar máis alá esta temática helenística. Canino (Kynodontas) é a ópera prima de Giorgios Lanthimos, director ateniense de estable presente e prometedor futuro.

A situación básica é sinxela. Unha familia vive nas aforas dunha cidade, cercados dunha valla tan alta que non permite ver o que hai máis aló dos terreos da mansión. Non se pode saír ao exterior, así como non se permite a entrada de nada foráneo, a excepción de Christine (para axudar ao fillo da familia en certas necesidades, feito que suporá unha revolución no ordenado mundo familiar). É un mundo illado, coas suas propias reglas e independente do exterior. A película mama de influencias tan dispares como de El Bosque, de Night Shyamalan, de Michael Haneke ou o dantesco cine altamente enrevesado do mestre Lynch. Pero a todo iso súmalle unha orixinalidade fora do común, sexa no curioso uso da linguaxe empregado polos protagonistas (quizáis así mantendo crible dende o comezo a distopía dicotómica que enfronta co exterior), sexa nas metáforas sobre o control da xente puramente orwellianas. Resalta tamén o feito de que a primeira impresión sexa case de luminosidade, calor e incluso unha pizca de disparates que poden chegar a reverberacións case humorísticas, mais segundo avanza a trama, a historia cae nunha escuridade tan profunda como as reflexións que causa a súa fin. Dende aquí non podemos mais que incitar a visionar esta fascinante apoloxía dos recunchos mais recónditos da mente humana, da provocación case insultante, e dunha innovación certamente rechamante.

Título orixinal: Kynodontas

Director: Giorgios Lanthimos

Ano: 2010

Nacionalidad: Grecia

Reparto: Christos Stergioglou, Mary Tsoni, Aggeliki Papoulia, Michelle Valley

TGP 1C

Posted on 11 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Corrección Grupos 1-2

    Sen dúbida algunha o que nos comentades incita bastante ó consumo mediante visionado desta trama. ¿Como credes vós que se conforma a noción do “eu” e do “outro” nos membros desa familia aillada da que falades? O personaxe de Christine toma parte nese mundo situado á marxe, ¿percíbense diferenzas na interacción entre os membros da familia entre sí e entre os membros da familia e Christine? ¿Ata que punto?

  2. Hadrian Diaz Fabuena

    É totalmente distinto á maioría de relacións interpersonais que podemos atopar en calquer medio “aberto” da sociedade contemporánea. Christine, como mebro do exterior, ten unha diferenciación clara no seu propio comportamento (e no que trato recibido) e, de feito, é ela a que comeza un cambio sustancial nese mundo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: