ALEX e Marañón: dous modelos distintos de acción social
A semana anterior analicei diferentes medios de comunicación locais e decidín escoller a canle de radio-televisión de Berlín ALEX, por considerala interesante a nivel de estrutura e organización. Como medio americano optei pola canle televisiva Parinacota TV, xa que nalgúns vídeos da súa web, a súa actividade parecía interesante . Despois de pensalo e analizalo co profesor en clase, este comentoume que ALEX era unha boa idea pero que era mellor que o analizara como radio. Por este motivo, (unido á falta de contactos en Chile) desbotei a opción de Parinacota TV e reemplaceina, despois da búsqueda en clase, por Radio Marañón, unha canle de acción social pertencente á rede AMARC e moi importante da zona Norte Oriente de Perú. Deste xeito, a miña primeira semana de análise a dediquei a atopar recursos na rede, Internet. No realtivo a ALEX, o profesor facilitoume un vídeo-cámara dunha visita polas instalacións deste medio, e un extracto sobre unha entrevista realizada a Volker Bach, o seu director. Ademáis, a propia páxina web de ALEX ofrece bastantes posibilidades de actuación, xa que puiden obter dende aquí a súa emisión en directo (á que puiden acceder con algunha dificultade idiomática), así como a programación e a descrición dos programas que se emiten, o que me serviu, en grande medida, para acceder á realidade do medio, cun sistema de participación, tal e como puiden comprobar en páxinas webs e xornais.
Por outra banda, no tocante á Radio Marañón, atopei bastante información, tanto como na acción social da radio como no tocante a teoría acerca das radios e medios comunitarios en Perú, que me servirán de moita axuda no meu traballo. Así, despois de entender cómo funcionan as radios, a semana que vén comenzarei a escoitalas e a recoller e ler libros para axudarme nos marcos elixidos.
Daniel Luaces Eiras
Posted on 13 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0