Cuestión de principios
Hoxe consultando o xornal Público atopamos un artigo moi acorde co tema que estamos a tratar: “La mujer si se merece un titular” . Nesta nova descubrimos o estudo “Presencia e imagen de la mujer en la prensa española”, elaborado polo Observatorio de Mensajes Periodísticos da Universidade Francisco de Vitoria de Madrid. Este informe revela como os xornais españois fomentan unha imaxe positiva do xénero feminino. Ademais resume a maneira de traballar os xornalistas en materia de violencia de xénero, entre outras cousas. Este artigo corrobora os erros, xa vistos durante a nosa etapa de documentación, que cometen os xornalistas á hora de redactar as noticias relacionadas co maltrato ou asasinato de persoas a mans da súa parella:
– Uso do sensacionalismo: a busca do morbo.
– Emprego de fontes “baleiras”: uso de testemuños innecesarios dos veciños.
– Exposición da vítima aos medios.
– Fallos na contextualización.
– Xénero como sinónimo de muller (a violencia de xénero non é exclusiva das mulleres, tamén hai casos no xénero masculino, a pesar de que sexan minoritarios).
Bebe pon a banda sonora ao noso traballo durante esta semana. A nosa recomendación musical: Ella.
Estamos rematando xa a etapa de contextualización e xestión de fontes, agardando a resposta dos correos enviados as nosas fontes. Comezaremos o noso traballo de campo tan pronto como nos resposten.
Para máis información sobre o noso traballo: Días de Xénero e Os topoi da violencia de xénero
TGA 3b3. Tratamento da información xurídica relativa á violencia de xénero.
Posted on 14 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Laboratorio (TGA´s), Xornalismo. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.
A violencia de xénero quizais sexa unha das pragas que maior pulo toma no seo dos sucesos. Polo que a miña parte se refire, estou a levar a cabo xunto co meu TGA un estudo sobre o trato das fontes de sucesos en El Correo Gallego. Considero que a prevención sería a mellor ferramenta para frear calquera destas noxentas accións, e que os xornalistas serán os que han de amosar a maior sensibilidade posible no seu traballo para, mediante o cumplimento das normas deontolóxicas que se lles asignan, mostrar unha representacion o máis fiel posible do sucedido. A tolerancia ó “outro” xoga aquí un papel fundamental; e todo tipo de violencia provoca un ambiente ameazante e vai en contra da liberdade.
Estamos totalmente de acordo, Javier: a violencia provoca unha atmósfera que pode ser modificada pola acción dos medios de comunicación. Na mán dos xornalistas está reflexar a realidade social.
Pero hai que ter coidado: a saturación de noticias sobre violencia pode provocar unha hipnose que chegue a tapar os ollos á sociedade.
A solución está en todos.
Moitas grazas polo teu comentario.
3b3
Qué bueno que utilicen todas las herramientas posibles para hacer más completo su post, muy bien el enlace al artículo, ya que si hacen mención de algo lo recomendable es eso, se comprende mejor a lo que hacen referencia y bien el vídeo.
Pingback: ¿Coñeces a Ana Orantes? | Común (e persoal)
Pingback: Trátaas ben | Común (e persoal)
Pingback: Os 7 días de “xénero” da nosa recta final | Común (e persoal)