Alegría, alegría, que vén a romaría

Misión cumprida. Se no post da semana pasada diciamos que as conversas aínda estaban a xermolar, hoxe podemos anunciar que foron todo un éxito. Máis aínda, quen nos ía dicir que alá polos anos 50 os rapazolos chegaban á casa ás tantas da mañá tras unha noite de festa rachada? Se é que antes xa eran rebuldeiros, que non vos é invento do botellón. Preguntade, preguntade os vosos avós e se cadra descubrides algún segrediño que nunca se vos pasaría pola chola. Xa sabedes, se queredes un pouco de terapia familiar facede coma nós e mudade o TGA.
Se non vos fiades da nosa palabra, deseguido poderedes escoitar o testemuño dos avós de Cristina. Ai que perigo tiñan… Premede, que non ten desperdicio.

Pincha aquí para escoitalo.

Outras entradas do noso poxecto:

Da lareira ao radiador

– Abuelito dime tu

(3a1)

About Gala Martínez-Romero Martín

Amante de la Comunicación en todos sus estados. Periodismo, Audiovisual y Espectáculos. Probando mi voz. Con Kazumbo Teatro #Madrid

Posted on 14 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. meu avó tamén era bailón

    logo de escoitar o breve recorte de audio dos avós de Cristina, lembro a un meu avó (que sempre foi famoso na vila polas súas bromas pesadas) contarme algunha vez que logo do remate das verbenas do San Pedro, cos pes queimados en danzas, ían bébedos polas fragas ó carón do río, a “acompañar” mozas. O de acompañar é un dicir, polo sorriso de esguello que na súa confidencia acompañaba á cara. E aseguraba, logo dun intre: ” e eran elas pior ca nós” No comment.

    • As conversas cos avós foron realmente interesantes e , en relación co que ti contas tamén nos aportaron moitas anécdotas. Nalgúns casos menos porque falamos coas nosas avoas e, ao ser mulleres, non lles deixaban ir ao baile tanto coma os mozos. Esa é, de feito, unha das cuestións que estamos a analizar, a figura da muller en canto ao rol dentro da familia pero tamén na sociedade, co que esperamos que as conclusións que vaian saíndo sobre o tema tamén che interesen á hora de comparalas coas vivencias dos teus avós.
      3a1

  2. Equipo de crítica e corrección

    Un tema realmente interesante. Habéis utilizado un buen soporte para hacer el post más original y entretenido. Seguid así.

    • Queriamos meter algún outro corte de son pero por falta de tempo non foi posible. De todos os xeitos, en vindeiros posts pode ser que volvamos sacar algunha referencia deste tipo porque o certo é que as entrevistas cos nosos avós foron moi interesantes para moitas das cuestións relacionadas coa transmisión de valores e, especialmente, coa comunicación interxeracional.

  3. A veces nós (ou os nosos pais, avós…) caemos no erro de pensar que en outros tempos a mocidade era distinta. E claro que o era, en algúns aspectos. Foron tempos máis difícles e había que traballar máis sendo máis xoven. Pero a “loucura” da mocidade sempre estivo ahí. é algo intrínseco á idade. A picaresca, as ganas de festa, de coñecer a rapaces/as…Está en nos, no noso corpo, nas nosas hormonas….e coida que os que xa deixaron esta época atrás xa o olvidasen, pero seguro que o viviron.

  1. Pingback: “Serás de burra y mujer e irás al monte por leña” ou… xa non? | Común (e persoal)

  2. Pingback: As cadeas do pensamento | Común (e persoal)

  3. Pingback: Avoa, actualiza o féisbu! | Común (e persoal)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: