Fase de buceo comunicativo
Estamos mergullados ata o pescozo e un pouco máis nunha morea de autores, obras revistas, artigos varios e incluso algún que outro vídeo solto. Ninguén dixo que o dereito a comunicar fose un territorio chan e facilmente practicable, sobre todo porque é algo tan subxectivo que é difícil dar no clavo con el e amosar varias versión axeitadas do tema…
Seguimos cismando e dándolle voltas ao cuestionario que imos levar ás entrevistas cos xornalistas cos que poidamos falar e incluso barallamos a posibilidade de contactar con algún dos teóricos que andamos a consultar para facer a introducción do traballo. Intentaremos ensinarvos alguna preguntiña para a próxima semana.
Como cremos que é un tema que nos toca a todos como proxecto de xornalistas valoraremos as vosas propostas en canto á opinión que teñades sobre o tema, xornalistas que coñezades e que nos poidan ser de interese ou textos relacionados que puidesedes ter lido.
Sorte e ata a semana que vén.
GI4 4a2
Posted on 14 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Laboratorio (TGA´s), Xornalismo. Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Está muy interesante su trabajo, sobretodo porque muestra mucho la realidad de esta profesión, pero recuerden siempre usar los medios visuales o videos que den un poco más de interés a lo que vamos a leer.
Suerte en su trabajo!
Gracias polos consellos e o ánimo