Non nos gustan os Luns

Un Luns pola mañá, sexa 14 de Marzo ou sexa o día que sexa, non adoita augurar boas novas. E mais se a primeira páxina de El Mundo é do primeiro que se visiona, cun moi pouco optimista titular sobre a crise nuclear no Xapón. A cousa mellor cando o Marca anuncia o resultado do partido do pasado domingo, co empate do F.C. Barcelona, que un servidor ignoraba, e o conseguinte recorte de puntuación do Real Madrid.

A mañá na facultade é todo unha mestura de informacións de diversa índole, sexan fotoxornalísticas, políticas ou simplemente, avogadas á aprendizaxe ou ás relacións interpersoais entre compañeiros de centro de ensino. Trala dura mañá de traballo e recepción de información, o telexornal da TVG administra mais noticias sobre o mal estado das lonxanas terras niponas, comentando o tema cos compañeiros de residencia.

O abaixo firmante pasa a tarde illado do mundo, inmerso na importante reunión do COES, para esclarecer o futuro do partido estudantil. Xa pola noite, cumple a misión encomendada na reunión e tenta contactar mediante correo electrónico con persoeiros da talla de Arturo Pérez-Reverte ou Eduardo Inda para propoñerlles a remota posibilidade de que algún día acudan a dar unha charla á facultade.

TGP 1C Diaz Fabuena, Hadrián

Posted on 14 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Corrección grupos 1-2

    As noticias do día dos medios e as que estaban na nosa boca pareceron ser as mesmas para todos e, os métodos de acceso, similares. En canto á reunión do COES, resultaría interesante que afondaras máis na forma de contactar con esas persoas, a súa resposta, o teu método de persuasión… Tes a oportunidade de falar sobre algo que non é común a todos. Grazas.

  2. grupointeractivo1

    Hadrian Diaz:
    O COES é difícil de tratar debido a que a política, inda sendo a universitaria, é moi lenta, e sobre todo irregular, posto que dende enton, non volveu haber reunión de COES ata a pasada semana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: