Ferrol Vello, Ferrol mariñeiro

“El genio racionalista que fundó Villarreal de la Mar no tuvo en cuenta, desafortunadamente, su enclavamiento sentimental en el finisterre de Europa, ni tampoco el alma, totalmente romántica, de las gentes locales. […] Sin el racionalismo y la industria, Villarreal de la Mar no pasaría de burgo acostado acostado junto a las aguas.”

Así comeza a novela La boda de Chon Recalde, de Gonzalo Torrente Ballester, e así debe comezar tamén esta andaina por Ferrol a través da súa tradición oral, a súa literatura e o seu xornalismo. Porque, aínda que o escritor non ousase bautizar o escenario das accións da súa obra co seu nome verdadeiro, a cidade na que estas transcorren ten que ser á forza a mesma que nos ocupa. Porque non hai palabras máis axeitadas para explicar que Ferrol, antes que base naval e cidade neoclásica, foi vila mariñeira do medievo. Unha vila cuxos ecos aínda resoan no barrio de Ferrol Vello e cuxo espírito aflora de vez en cando en almas románticas como a do patrón da Confraría de pescadores, a quen puiden entrevistar nunha ocasión e que se me revelou imaxe viva do salitre rabuñando a pel. Unha vila que resucita un par de días ao ano, cando as súas rúas acollen a Feira medieval que devolve os habitantes ás súas orixes máis profundas. Ou cando algún deles lembra a lenda do Cristo dos Navigantes, segundo a cal este chegou nunha embarcación que se tivo que refuxiar no porto un día de violento temporal. Pero a nave xa non puido volver saír ao mar, pois, nos seus intentos, o vendaval facía inesperada aparición. O Cristo quería ficar no Ferrol mariñeiro.

Alba Lago Martínez    CL4X

Posted on 15 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: