Conversas a altas horas
Onte comecei o día como os dous anteriores, coas novidades que afectan á catástrofe de Xapón. Visito as páxinas online dos xornais máis importantes, e todos se fan eco do terremoto de fai uns días. Tras esta visita rápida para coñecer as novidades de última hora visito tamén os xornais deportivos, os cales teñen noticias máis agradables, como o recorte de puntos do Real Madrid tras o empate do Barça fronte ao Sevilla. Antes de apagar o ordenador e meterme na ducha para ir á facultade, visito o Tuenti e Facebook para ver as últimas novidades.
Ás 8 e media da maña saio da casa para ir á facultade, parando antes a mercar o Marca, ao meu comentario sobre a alegría polo empate do Barcelona véxome nunha conversa co tendeiro (culé empedernido) sobre as perspectivas de ambos clubes para esta temporada. Como chego tarde, e a conversa xira unha e outra vez en torno ao mesmo, despidome e marcho. Atópome con compañeiros da facultade cos cales comento tanto a noticia do terremoto en Xapón e entérome que tamén houbo un temblor en Santiago do cal eu non tiña constancia.
Tras a mañá de clases, cos seus respectivos cafés e pitillos entre clase e clase, volvo para a casa xunto coas miñas compañeiras de piso, mentras comemos vemos os Simpson e logo as noticias, comentando o telexornal, catro futuras xornalistas na mesma mesa da para moito. Tras a comida ven o pitillo de rigor coa televisión de fondo á cal ninguén lle presta moita atención. Decidimos non sair da casa, xa que o día non está para iso, pero sí que nos visita unha amiga para poñernos ao día da fin de semana.
Despois de cear métome en internet e conéctome ás redes sociais, non podo durmir polo que me poño a ver unha serie á vez que falo con unha amiga que ten o mesmo problema de insomnio, e así remata o meu día, a altas horas da madrugada.
TGP 1C, Basanta López, Alba
Posted on 15 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 1 comentario.
¿Aínda despois do domingo as noticias seguen sendo as mesmas ?Parece non haber diferencia entre un post do luns e un do martes, debido tamen en parte a constante actualización da noticia nipona.