Malgastando o tempo

Hoxe foi un día especialmente inactivo en canto ó canto de medios. Ó ter clase de 12:00 a 15:00, xa pillei as noticias un pouco mastigadas na páxina web de El País. De novo, como tódolos días, foi o primeiro que fixen ó espertarme, ademais de visitar a web de Marca e a páxina oficial da NBA, posto que son un fan do baloncesto, en xeral.

Xa na facultade, unha vez máis, como a cotío, comentario do horóscopo do De Luns a Venres cun par de compañeiros. Que diaños lle pasa a este xornal? Por que se emperra en mentir?

Ademais, falei cun amigo da película El Cisne Negro e da posibilidade de ir ó cine a vela. Realmente, el parecía máis entusiasmado ca min coa idea; a min éme completamente indiferente, non é unha película que me chama con especial emoción, a verdade. Para iso, xa teño no piso de Santiago unhas películas alugadas da Ánxel Casal (que por certo, debo devolver xa, pois xa me caducou o prazo): 12 hombres sin piedad, Persona e M, el vampiro de Düsseldorf.

Na casa xa, despois de comer, unha partida de tute cos compañeiros de piso. Tal vez só falemos da nosa actualidade máis persoal (que fixemos no día ou algunha novidade no noso entorno inmediato), pero alomenos non estamos tan distantes como parece. De feito, as cartas e a consola parece ser aquilo que nos une con máis forza, onde é máis fluída a comunicación e máis nutrida a conversa.

Pola tarde, unha manifestación de carteiros á entrada do Franco arruinou a miña lectura do Ulysses, de James Joyce. Quizais ese foi o meu meirande contacto coa actualidade hoxe: vin en directo algo que mañán será noticia nos xornais locais ou nas seccións adicadas a Santiago de Compostela.

Ás 20:30, vin por 1ª vez na 2 o programa “Gafapastas”. Foi, en resumidas contas, un programa pésimo, máis parodia de Pasapalabra ou programas semellantes que outra cousa. Foi unha vergoña allea.

A iso das 22:00, despois de cear, entrei no blogue de Común e Persoal para armar o debate de Twitter que estará dispoñible neste blogue durante toda esta semana, para participación dos meus compañeiros.

Luengo Miguel del Corral, Rubén TGP 2M

Posted on 15 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: