O ala Oeste da Casa Branca

O Ala Oeste da Casa Branca (The West Wing) é unha serie de televisión producida pola cadea norteamericana TBO e froito da xenial mente do director de cine Aaron Sorkin, recoñecido tamén por filmes como “A rede social” e “Algúns homes bos” entre outras.
A serie presenta, en forma de episodios dunha hora, a media ducia de personaxes que representan aos responsables do funcionamento do equipo do presidente dos EEUU. A través deles e dos seus fíos argumentais, máis ou menos independentes, o espectador somérxese nun percorrido polas engrenaxes do sistema executivo norteamericano ou, o que é o mesmo, no exemplo máis significativo de comunicación comunitaria.
En cada capítulo os guionistas introducen aos distintos grupos políticos que interfiren no día a día da casa presidencial, establecendo estas personaxes relacións de interese cos protagonistas. A grande ensinanza que entraña O Ala Oeste da Casa Branca está, precisamente, na fraxilidade da comunicación comunitaria, na demostración de que, en cuestión de comunicación, o bater dunha bolboreta pode causar auténticos estragos diplomáticos.
Por iso o grupo 1A recomendámosvos esta magnífica serie para que poidades disfrutar e aprender do complexo mundo que rodea ao presidente de EEUU. Non é cuestión baladí, asegurámosvolo!

http://cineraculo.com/movie.aspx?id=67CFD92E23FF03D3502DFE5AD4E412AAE7FF5FD0

TGP 1A  GI1

Posted on 15 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: