¿Pero que fago eu realmente no facebook?

Hoxe tampouco foi un gran día de consumo de medios. En realidade, depende de como consideremos este consumo. Rematei botándolle a una ollada ó Facebook, ó tuenti, ó correo electrónico…o de sempre. Iso sí, adiqueille moito menos tempo do que adoita ser habitual en min, quizais polo diferente ritmo que sigo estes días ó estar de “vacacións”. Como xa din de conta anteriormente, as redes sociais e outros sistemas de  comunicación online fánseme (demasiado, diría eu) necesarios. Porén, os medios de comunicación tradicionais como a televisión, radio ou prensa escrita non me causan tanta añoranza cando os teño lonxe.

Diría que levo una semana sen ver a televisión (exceptuando eses 10 minutos de televisión nun bar que xa relatei nun post anterior), sen apenas ver prensa e sen escoitar a radio, nen sequera revisei os periódicos online, práctica moi habitual en min, polo menos cando estou en Santiago. O que sei de actualidade destos días surxiu en charkas con diversas persoas e, na súa maioría, da consulta das redes sociais, onde sempre algún amigo fai algún comentario que che dexa intuír unha realidade que descoñeces, ou simplemente comparte directamente a información da noticia a través dun enlace.

Hei de admitir que non foron poucas as veces que coñecín deste xeito información que, polos meus estudos, debería ter coñecido moito antes, máis non sabía nada do asunto. O mesmo pasou hoxe, no Facebook: un enlace a un artigo do país sobre o perigo de radiactividade en Xapón. Un enlace que sigo, o meu único contacto directo hoxe cos medios de comunicación de masas.

E dinme conta de que iso é o que fago realmente nas redes sociais, non tanto comentar e falar cos meus amigos, (que tamén) senón ler sobre as cousas que lles interesan e comparten, e compartir información que a min se me fai interesante. Realmente, infórmome sobre a información que o meu ambiente lee, e contribúo á difusión de outra información. Se lle digo a un dos meus “contactos” que debería ler a columna de fulanito de tal en El País, probablemente non me faga caso, ou o esqueza antes de chegar a casa. Se deixo un enlace…poida que sexa máis efectivo que cando o vexa lle esperte a curiosidade e acuda a el.

Barreiro Creo   GI1      TGP 1d     16/03/2011w

Posted on 17 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. corrección grupos 1-2

    Recuerda lo dicho hoy en clase en cuanto al estilo y a las etiquetas de los post. Es el único “pero” que hay que poner a tu reflexión. Esto es lo que de verdad interesa del consumo de medios. Gracias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: