Brecht, Benedetti, Pemán e eu
Vaia día máis tonto o de hoxe… Nesta sociedad que consume irracionalmente, poucas son as alternativas de ocio gratuitas ás que poidamos acceder individualmente. E a servidora non lle quedou outra que quedar na casa (cigarrillo en man, que iso non é consumir…) e utilizar os medios ao seu alcance para pasar o tempo.
Deixando a un lado a primeira intervención no tema do voluntariado (que xa contaremos no seu momento), o resto do día paseino na soidade do meu salón. Fixen un novo deseño para unha nova tatuaxe, e lembrei unha famos frase de Bertolt Brecht: “parezo o que levaba o ladrillo consigo para amosar ao mundo como era a súa casa”. Foi entón cando sentín a nacesidade de ler. Continuei co libro Do galego e da Galiza, do que xa vos falei, pero non tiña ganas de aprender. E recurrín a quen recurro nestes casos: a Mario Benedetti. É o meu poeta favorito, e aínda que o lin millóns de veces, non podo evitar que me siga conmovendo e revolvéndome as tripas. Déixovos un fragmento dun dos seus poemas máis coñecidos, titulado Hombre preso que mira a su hijo: “vos ya sabés que tuve que elegir otros juegos/ y que los jugué en serio/ y jugué por ejemplo a los ladrones/ y los ladrones eran policías/ y jugué por ejemplo a la escondida/ y si te descubrían te mataban/ y jugué a la mancha/ y era de sangre”.
Coa cousa dos libros e dalgunha consulta ao meu correo e a este blog , púxenme nas 8h00 e prendín a tele para ver os informativos de La Sexta. Outra vez Xapón e catro frivolidades. Decidín entón buscar información nos medios dixitais que habitualmente consumo, e atopei unha ligazón que vos deixo antes de marchar:
Como diría Benedetti, “decididamente/ no voy a perder mis anteojos/ por un imperdonable desenfoque/ puede uno cometer gravísimos errores”. E como diría Santiago Pemán, “mar de fondo de compoñente noroeste con ondas de 2 a 4″. Perdón, quería dicir “boas noites e ata mañá”.
Corral Campello TGP 1D
Posted on 17 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 2 Comentarios.
Recuerda poner tu nombre en todos los artículos y revisa las etiquetas. Gracias
Foi un despiste, xa está todo corrixido. Grazas.
Cristina Corral.