Zapping a máis de 110

Nunha primeira aproximación a un medio comunitario de Vallecas, Tele K, chamoume a  atención un decálogo de estilo colgado na súa páxina web no que aparece: “Preferimos la multidifusión de la programación en franjas horarias distintas, en lugar de rellenar programación con contenidos ajenos a nuestra idea de televisión. Pretendemos acumular audiencia en lugar de competir por la audiencia”. Por dicilo máis claro, unha televisión na que non existen os programas de chama e gana, nin os horóscopos,… ¡unha excepción á norma xeral! Algo difícil de atopar no medio televisivo, no que hai máis preocupación polo que fai ben o do lado que polo que fai mal un mesmo.

As televisión xeralistas parecen non entender que os contidos de calidade fidelizan ós espectadores, ou tal vez non lles importe. Pode que prefiran ter audiencia aquí e agora, aínda que no minuto seguinte fagamos zapping a unha velocidade case perigosa. Pregúntome ata que extremo é necesario chegar para darnos de conta de que, en ocasións, o gran medio debe seguir o exemplo do pequeno.

Ana López Gómez, CL4X

Posted on 17 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Javier González Penedo

    Non nos enganemos. Todo o mundo ten claro o que gusta e o que non gusta; o que atrae e o que escorrenta; o que é bo do que deixa que desexar. Todos coñecen, ou polo menos deberían intuir, que a calidade xera “consumidores habituais”, pero o que si seguro todos coñecen é que esa mesma calidade xera custes… O punto intermedio pode traer consigo diversas respostas. A incertidume, mesmo con cartos de por medio, quizais sexa un risco de exposición necesaria. Como ben dis, veremos como o “localismo” e o “universal” resolven este conflito.

  2. Localcosmopolitismo

    No sé a que viene citar aquí el binomio local-cosmopolita. Creo que el promer texto no alude más que a la multidicfusión que es una manera de programar con rentabilidad para emisoras de escasos recursos como es la tv de Paco Pérez, es decir, de Tele K. Esta Tv local del barrio de Vallecas ha luchado por su emisión con denuedo ante los embates de la Sra. Aguirre, ganándose en los tribunales el derecho de emitir. Es una tv participativa eminentemente, con gran base social en el barrio y que ha basado su desarrollo, en tres cosas fundamentales, (tras la ideología de los ochenta) su innovación y creatividad en los formatos, la formación audiovisual con la gente del valle del kas y su dimensionalidad en proyectos en latinoamérica llevando talleres por aquellos pagos. Localcosmopolitismo del bueno. Y sigue siendo uno de los líderes morales del movimiento microtelevisivo español.

  3. Javier González Penedo

    Co de local cosmopolita unicamente me refería a unha comparativa metafórica co de gran medio e pequeno medio, ou maior ou máis pequeno lugar no que o xeneralista e o específico exercen a súa acción de influencia, respectivamente. Descoñezo a historia desa televisión local, aínda que como podo ler agora, merece toda a nosa consideración.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: