Cousas, Retrincos, Medios
Bo día para a comunicación: a páxina de El País, continuamente renovada, non auguraba un bo presaxio para a situación nipona. O Marca e NBA foron puro entretemento: sempre dan para falar con alguén posteriormente.
Xa na clase, precisamente, falo con un par de compañeiros sobre o partido do día anterior (Real Madrid-Lyon) e a clasificación do equipo da capital. Os homes temos unha serie de tópicos que sempre permiten establecer conversa, non importa o momento: deportes e mulleres. A partir de aí, cada un aporta a súa opinión, pero sempre hai lugar para a comunicación.
O De Luns a Venres vai perdendo o meu respeto como xornal progresivamente: cada vez que o leo, teño a sensación de que se destrúe o concepto de prensa seria tal e como o coñecemos. Así opinan tamén os meus compañeiros, tal e como discutimos ó acabar as clases. Díxose que non se pode tratar de xeito tan informal a realidade, centrándose só en aspectos nimios e insulsos. Pero alomenos é gratuíto, e quizáis ese sexa o condicionante prinicpal.
Pola tarde, despois de comer, tivemos unha pequena liorta na casa a raíz dun artigo publicado nunha revista de Historia sobre a figura de Adolf Hitler. Dous dos meus compañeiros de piso alegaban que, a pesares da inhumanidade que propugnou, alomenos soubo elaborar un sistema coherente, sólido e estable. Eu tenteillo rebatir dende a miña perspectiva, dicindo que o fin non xustifica os medios neste caso. Tras unha media hora de discusión, ningún dos bandos se puxo de acordo co outro.
A iso das 19:00, fumos vender uns libros usados a Follas Vellas, a ver se nos daban algo. A verdade, o dependente apenas nos prestou atención: dixo que xa os revisaría co seu superior e que nos pasásemos de volta por alí para ver canto nos ofrecían. Un verdadeiro imbécil que se comportou con condescendencia todo o rato.
Pola noite, cena cos amigos a raíz do cumpreanos dun. O humor foi continuo: había fraternidade e confianza entre todos, posto que as nosas quedadas son frecuentes. Aínda a berros, en susurros, ou simple charla normal, a conversa foi fluída e agradable.
Luengo Miguel del Corral, Rubén Grupo TGP 2M
Posted on 18 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. 1 comentario.
pensei que era un tópico, iso
[as mulleres “roupa” e “homes”?]