Entrevistando a un experto en entrevistas…

Esta semana acudimos ás instalacións do xornal El Correo gallego para entrevistarnos con Angel Orgaz, experto na sección de sucesos do diario. A entrevista foi moi entretida e productiva. Quedámonos con moitas frases que nos chamaron a atención: “las fuentes no tienen status social, he tenido amigos y gente a la que he entrevistado que ha sido asaltador de bancos y a lo mejor eran gente rica de Coruña pero atracaban bancos por la noche porque los pijos también se matan a patadas”, “cada mañana hacemos una ronda de llamadas a la Jefatura general de policía, órganos de prensa y demás pero luego cada uno tiene sus amigotes”, “el nivel de educación te evita muchas cosas, hablar con gente formada que por lo menos ha estudiado y tiene unos conocimientos es más fácil”, “no se suelen publicar noticias sobre suicidios porque el suicidio es contagioso”, etc.

Para a semana acudiremos aos demais organismos púbicos para seguir completando a información que precisamos.

(TGA 2b2)



Posted on 18 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Rubén Luengo Miguel del Corral

    Debo recoñecer que eu, particularmente, sempre tiven curiosidade por saber como funcionan tódolos entresixos que levan a fontes confidenciais. Este interese venme da película “Todos los hombres del presidente”, de Alan J. Pakula, inspirada no caso Watergate.
    En que credes que se debería depositar máis confianza, nas fontes exclusivas e clandestinas ou nas institucionais, por seren máis seguras?

  2. Javier González Penedo

    Ambas achegan e proporcionan para o exercicio da actividade profesional unhas ferramentas e posibilidades que en ningún momento se han de despreciar. A combinación de ambas é moi probablemente o modo ideal no que elaborar todo tipo de información que se precie baixo a aparencia de calidade e denotado rigor.
    Desde xeito, e sen entrar nas circunstancias que posibilitan a identificación e atribución de calquera tipo de fonte, así como o interés informativo de cada unha en cuestión, as institucionais sempre están ahí; e mesmo exitindo a posibilidade de terxiversación por determinados motivos do material facilitado, o valor informativo que estas poden ofertar nunca é despreciable. Por outra banda, e tal e como veño de comprobar, calquera outro tipo de fontes distintas ás dos organismos públicos tamén poden ofrecer unha visión sesgada, premeditada ou consciente, dos datos subministrados.
    Quzais sexa o emprego de ámbalas dúas, contrastando e tomando de cada unha todo aquelo que pola nosa ética xornalista cremos necesario, a solución a un binomio no que ambos termos se precisan para un produto final axeitado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: