Operación…Talento
Esta semana, o noso grupo, para obter información sobre o discurso da USC con respecto ao Campus Vida, dirixiuse ao Campus Sur, para contactar con persoas relacionadas con carreiras científicas, nas que principalmente se centra esta iniciativa da USC.
Nun principio interesábanos coñecer cal era o grao de coñecemento que os estudantes tiñan acerca do Campus Vida. Case ninguén nos sabía dicir de que se trataba, aínda que algúns estaban interesados en coñecer de que ía. Contactamos coa Decana da Facultade de Farmacia, Mª Isabel Sández, que expresou o seu desconteto con que o Campus Vida dera “máis importancia” á Facultade de Química. Despois, dirixímonos ao despacho da antiga Vicerreitora de Investigación, Mª Jose Alonso, que nos atendeu moi amablemente. Ela é unha das creadoras da idea do Campus Vida, así que a súa información foi de grande utilidade. Recalcounos que, ante todo, Campus Vida é sinónimo de talento, de persoas capaces e que, ao contrario do que se pensa, aspectos como as infrestruturas, a sustentabilidade e demais cualidades deste plan, non son os obxectivos, senon os medios para lograr mellorar a formación de futuros investigadores.
(TGA 2a3)
Posted on 18 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Laboratorio (TGA´s), Xornalismo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0