Rutina, outra vez

Non foi hoxe un día moi propicio para o consumo de medios. Levanteime tarde (demasiado tarde) e saín correndo para  estación para coller o autobús que me levaría ó aeroporto de Tenerife Sur. Dende que me levantei  ata que aterricei en Santiago o meu único contacto foi cos membros de seguridade do aeroporto e cos membros de cabina do avión. Así pois, nen relacións interpersonais (a non ser que un auxiliar de voo de Ryanair intentándome vender un Rasca y Gana o sexa), nen consumo de medios ata que cheguei a Santiago.

Ó chegar ó piso, en cambio, a situación invírtese. Revisión das redes sociais e correo electrónico, namentres as miñas compañeiras de piso me poñen ó día do que me fun perdendo estos días. No televisor, a sección de deportes do informativo de Cuatro está a rematar. Debe de ser que a necesidade de estar ó día, de sentirse integrada de novo no ambiente, fai que necesite información do máis nimio acontecemento, como se na miña ausencia me perdera algfo importante, aínda que nada importante pase nunca.

Máis tarde, chamada de miña nai recriminando de que non avisara de que o voo  chegara ben. ¿”Viches algo dalgún accidente de aviación  nas noticias? Pois iso é que non pasou nada.” Esa é a miña desculpa. Pero é certo.

Barreiro Creo     TGP 1d    17/03/2011

Posted on 18 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: