Todo cambia… e todo segue igual

Rápido almorzo en solitario e para a facultade. O tema xa de conversa con algúns dos compañeiros nada máis chegar foi a clasificación do Madrid para os cuartos de Champions. Era a nova do día. Incrible que un equipo como o Madrid levase 6 tempadas caendo en oitavos de final. Xa madurado o partido de onte á noite e tras esta especie de debate, reflexionei: como algo que podía ser tan común fai unha década, que era ver a este equipo nas roldas finais, se trocou nestes últimos anos nunhas prontas eliminacións. O que era o habitual converteuse agora na novidade; o que viña sendo frecuente nestes últimos anos foi no seu momento a sorpresa.

Na prensa online deportiva aínda resoaba este partido, xunto co difícil triunfo de Nadal en Indian Wells. El País e El Mundo proseguían coa problemática nipona na que mellor non pensar porque a impotencia éme considerábel. Ó remate das clases, reunión do curso ó completo sobre o funcionamento do blogue. O interpersoal entre moitas persoas sempre me é gratificante, pola escasa frecuencia na que se produce e pola incertidume múltiple no rico intercambio de información. Á hora da comida zapping televisivo. Na canle Boing emitían debuxos animados de Bola de Dragón. Que recordos de tempos pasados! Sobre isto xirou a conversa cos meus compañeiros de mesa.

Traballo e máis traballo toda a tarde na facultade cunha breve consulta dos xornais dixitais. Nada salientable. Xa na casa prendín o televisor, e sen reparar en canais busquei información sobre a operación de Abidal; nun inicio todo saíu ben, alegría… logo xa veremos que pode pasar. En Marca Tv emitían loita libre; unha “Bola de Dragón” en versión adulta. Estendín esta comparativa a miña vida mesma: O “eu” da miña persoa evolucionou, pero quizais segue ó mesmo tempo a ser idéntico. Logo do humor de Land Rover da TVG para evadirme e uns intres de tertulia deportiva en Tv para satisfacer os meus intereses, a cama agardábame tras un día de case 4 horas consumindo medios.

González Penedo, Javier   Grupo TGP 2M   Xoves, 17/03/2011

Posted on 18 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: