Venres que te quero venres

Hoxe, día tranquilo, que non aburrido. Puiden por fin desfrutar das dúas “cousas” que máis calma me aportan: a miña parella e o mar. Por motivos laborais non paso co meu mozo todo o tempo que aos dous nos gustaría (ou iso creo eu!!), e por motivos xeográficos, como é evidente, só vexo o mar previo percorrido de varios kilómetros. Pero hoxe tíveno todo xunto e, a estas horas, atópome totalmente sosegada e coas pilas cargadas.

Na mañá apenas fixen nada máis que durmir, e o mediodía aproveiteino para xantar co meu mozo e planificar o día, sabendo que os plans nunca se cumplen, o que nos permitíu improvisar, inventar e falar da posibilidade de “ir por tabaco e non voltar”. Pretendiamos coller  un tren cara o sul a primeira hora da tarde, pero tivemos que esperar debido á cantidade de estudantes que ían pasar a fin de semana a casa.  Cando chegamos á vila mariñeira na que agora me atopo (“adivina adivinanza”), o primeiro que fixen foi coller a cámara e ir sacar fotos á praia.  Un paseo baixo o sol a carón do mar coa mellor das compañías posibeis axudáronme a relaxar a pouca tensión que acumulei esta semana e á vez realizar unha das miñas poucas afeccións. A verdade é que levaba xa días cunhas ganas cursis de ver o mar, parafraseando de novo a Benedetti, e por fin me quitei esa sensación de enriba.

Cando anoiteceu continuamos paseando e falando das nosas cousas. Paramos tomar algo e aproveitamos para mirar o xornal e comentar as noticias do día moi por riba para non acabar, como sempre, cabreados co mundo. E despois dunha cea sanísima (hamburguesa con 4 kilos de ketchup) aqui estou, desexando acabar isto para meterme na cama sen máis, porque non quero que nada, e moito menos a televisión, me estropee o día.

Unha cousa: aínda non sei como vai o dos hipervínculos, nin o de “ler máis”…

Corral Campello TGP 1D

 

Posted on 18 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: