Diario de viaxe

Hoxe comezo o post resumindo: consumo de medios de comunicación=cero.  A razón principal e única é que dediquei o día a coñecer a comarca do Morrazo coa miña parella. Madrugamos máis do habitual, sobre todo no meu caso, e puxemos rumbo a terras do sul.  A ruta? Vilagarcía – Marín – Bueu – Cangas – Vigo. Visitamos non só estas vilas e cidades, senón tamén as paraxes naturais e incluso históricas que  forman a súa paisaxe. Destaco pola súa fermosura e valor o Cabo de Home e O Facho, onde se atopan unhas ruinas de época galaico-romana. Aproveitei esta viaxe para realizar un montón de fotos, sobre todo ao mar, que, como xa vos dixen, é para min sinónimo de paz. Gustaríame poñervos algunha, pero como xa adiviñariades non me atopo na casa e as fotos aínda están metidas na cámara.

Unha vez en Vigo aproveitamos para pasear con amigos, polo que podo resumir outra vez: relacións interpersoais=apertura do meu círculo habitual. Isto aportou certa frescura á miña rutina diaria, xa que levaba unha semana especialmente monótona, aínda máis do que adoita ser. E agora  mesmo dispóñome a tomar a cea rápida e descansar moito e ben, pois o día foi bastante duro físicamente, aínda que moi construtivo en canto a aprendizaxe fotográfica se refire, e moi relaxante mentalmente. A verdade é que temos un País ben bonito! Mañá máis e mellor.

Corral Campello TGP 1D

Posted on 19 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Corrección Grupos 1-2

    Correcta a extensión e o emprego da opción ler máis. A maiores agradécese a incorporación dunha imaxe que fai máis amena a túa entrada. Tal e como dis, ¿poderíase entender que a ausencia de medios neste día contribuíu á saída da dura monotonía do resto da semana, ou máis ben foi unicamente a particulariedade da viaxe?

  2. grupointeractivo1

    O feito de non consultar medios é unha clara ruptura da miña rutina, non só porque a información adoita formar parte dela, senón tamén porque así desconecto do que está a suceder no mundo. Porén, neste caso esta ruptura estivo vinculada directamente á viaxe, polo que o máis correcto sería interpretar que esta particularidade me fixo saír da monotonía e evitar os medios, rompendo así co tempo que normalmente lles dedico e tamén coas sensacións, pensamentos e impresións que me soen producir as noticias.
    Cristina Corral.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: