Días febriles
O meu día veuse, desgraciadamente, lastrado por unhas fortes febres e uns estremecementos estomacais que facían dos meus movementos peristálticos unha condena.
Esperteime a iso das 8 con disposición de ir a clase, pero a enfermidade non me permitiu actuar como quixera: apenas puiden facer outra cousar que retorcerme con insultante pasividade entre as sabas. Paralizado pola dor durante toda a mañá, esta foise aliviando progresivamente. Gocei dunha incomunicada soidade neste tempo, pois os meus compañeiros de piso marcharan a clase e non conseguin siquera chegar ó ordenador para ver as novas. Aínda que a ocasión parecía propicia para a reflexión, o único co que me puiden rebatir foi coa miña epiglote para que retera a bile canto puidese.
Conseguin erguerme, por fin, a altura das 14:00. Fixenme unha manzanilla, e comprobei o correo, El País e Marca. Sígome preguntando de onde saquei as enerxías (e as ganas) para semellante caso. Pregunteille ós meus compañeiros sobre as novidades na clase. Ó parecer, todo transcurriu con normalidade, pero si que se notou unha gran ausencia do alumnado. O venres é o que ten.
Fixen, a duras penas, a maleta. Collin o tren das 16:20. Na viaxe, fun sentado xunto a unha rapaza estranxeira (creo que era rusa) que me preguntou sobre a duración da viaxe. Que importantes son os idiomas para o comunicación: está claro que se non se expresa de xeito fluído nunha lingua determinada, ralentízase a transmisión de información e embrutécese a recepción do ouvinte ou lector.
Xa en O Grove, saudei ós meus pais e o meu irmán, púxenos ó día sobre o que me acontecera durante as dúas últimas semanas digno de salientar e din conta do meu estado de saúde. A miña nai insistiu en que me metera na cama casi ó momento. Escribo isto a esta hora por obriga: estou que case non podo coa febre e apenas podo ver o teclado.
Luengo Miguel del Corral, Rubén Grupo TGP 2M
Posted on 19 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0