“Tomar un café”

Hoxe os meus plans non implicaban máis que unha mañá de reposo, e ir tomar un café coas amigas. “Tomar un café” diría (ou mellor dito, escribiría) eu. Un acto social en todsa regra onde o que menos importa é tomar o café, que en realidade remata por ser un té, unha coca-cola, unha caña…. É ao fin unha excusa para xuntarnos e poñernos ó día, cotillear comedidamente e comentar a actualidade, e solucionar todos os problemas de mundo de paso, como quen non quere a cousa. Nadie necesita compañía para tomar un café, nen para ir comer, nen incluso para ir ó cine ¿porqué entón te sintes tan aillado cando vas só?¿e porque ás veces vas cando nin gañas de café tes?. Tras cambiar de temática por enésima vez, pasando por temas tan dispares como a enerxía nuclear, Exipto, Xapón, os polos, os nazis, e o poder da mente sobre a materia; podo sacar un factor común que se repetiu en toda conversación: a frase “eu un día vin na televisíon que…”, coas súas múltiples variantes: “eu lin nunha revista”, “lin en internet que…” “unha vez vin un documental que dicía…”.

A veces, nen sequera era identificable a fonte, só sabiamos que de algún lado sacaramos a información, e que ese lugar era un medio de información. E dinme conta de que os medios non fan máis que emitir, e do que en realidade absorvemos, aínda que no momento non nos demos conta. Temos información dos temas máis dispares que algún día, por algún motivo, quizais recordemos de novo o que tiñamos agochado en parte do noso cerebro. Información ou datos sen demasiado interese nun proncipio, que van construíndo un fondo cultural varipinto e diverso. Así que despois de pasarme unha tarde vendo un documental de porque lles temos medo ás arañas e non ós cabalos, non volverei decir que foi unha tarde perdida. Foi simplemente unha tarde máis de aprendizaxe.

Barreiro Creo     1d       18/03/2011

Posted on 19 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Corrección Grupos 1-2

    Ben de extensión, así como correcto o emprego da opción ler máis. Quizais esa necesidade que temos os seres humanos de nos relacionar uns cos outros sexa o única desculpa que precisamos para, tal e como dis, tomar un café ou ir ó cine.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: