Evolución dunha vila

Dende as súas orixes castrexas, a vila mariñá de Burela foi experimentando notables cambios, tanto en termos demográficos, como xeográficos e administrativos. O que é innegable é que dende os seus inicios estivo caracterizada por ser unha comunidade de pescadores e labradores fortemente condicionados polo entorno físico.

Hoxe, moitos aspectos mudaron nesta localidade luguesa,  e para constatar esta evolución, nas últimas décadas diversos autores levaron a cabo unha intensa labor de investigación, pescudando e afondando na realidade burelesa, dende os seus inicios prerromanos ata a actualidade.

É destacable, neste punto, o esforzo levado a cabo por Ricardo Penas Domínguez e Benjamín González Quelle, ámbolos dous cronistas oficiais da vila, que a través dun intenso traballo de documentación, estudaron minuciosamente a historia do pobo burelés, e deixaron constancia da mesma en diversas publicacións. Estes documentos constitúen a materia prima coa que estou comezando a traballar, pois a través da súa lectura e análise tentarei coñecer a historia da localidade, así como o xeito no que esta foi plasmada polos diversos autores.

Por outra banda, moi recentemente a vila burelesa pasou a contar cun novo medio de comunicación: Radio Burela, encadrada dentro de Radiofusión, rede de emisoras municipais galegas. A aparición dun medio local coma este,  que aposta pola participación cidadá, pareceume unha razón máis que xustificada para escollela coma unha das emisoras a analizar dentro do marco tres.  Elixín, así mesmo, outra radio municipal latinoamericana para facer a comparativa. Neste caso, a seleccionada foi a emisora municipal de Los Zorros, en Córdoba (Arxentina).

Carla Fraga García CL4x

Posted on 20 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: