O Werkstudio: a formación da comunidade

Esta semana quixen indagar principalmente arredor da canle europea ALEX, pero sen esquecer en demasía Radio Marañón. ALEX é unha radio rexida a nivel estatal (a final de ano os seus responsables rinden contas aos dirixentes políticos) e busca acercar á xente, moitos deles sen experiencia previa en radio, a que produzan contidos que poden ser emitidos tanto en vivo como xa feitos e envíalos. Ademais, non se centra só na participación, senón que tamén apela á ensinanza de cómo é un medio e anima ás comunidades a vivir a realidade da radio (por medio de conferencias de xornalistas profesionais, por exemplo). Esta última tarefa, o Werkstudio, é moi interesante, xa que o medio actúa así como plataforma de especialización e formación e non só como cesión do estudio de radio.

A temática principal (recollida conforme á lei de medios alemana) é cultural e de sociedade, aínda que tamén observei, en menor medida, temática de corte político aínda que moi “suave”. Outros eventos (deportivos, por exemplo) son recollidos tamén centrándoos moito na comunidade que representa o medio. Por último, para a semana que vén establecerei as características de Radio Marañón, establecendo diferenzas entre ambos modelos, europeo e sudamericano.

Daniel Luaces Eiras CL4X

Posted on 20 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: