Tamén poderiamos falar do tempo…
Ía no tren cara Vilagarcía para pasar o fin de semana na casa, que tempo facía que non a pisaba. Adoito nesta situación ir escoltando música pero, por gracia ou por desgracia, acabóuseme a batería do meu reproductor de mp3. Dediqueime, entón a observar o resto dos pasaxeiros. As temáticas das conversacións ían dende lios amorosos ata problemas de interese internacional. Un par de estudiantes discutía sobre a decisión da ONU de establecer un cerco contra Gadafi. Na conversación, unha vez máis, o reflexo dos medios. O que os medios ven, o que emiten. A visión destos, a súa interpretación acaba por ser a nosa.
Ó chegar á casa, abro o xornal que comprara pola mañá miña nai. Agora é Xapón o protagonista, e seguiráo sendo durante un tempo nos medios, e por descontado nas nosas conversacións. Imos comer a casa dos meus avós, no informativo da televisión, e nas nosas charlas tamén, está Xapón de novo. Namentres meu avó rosma máis para sí mesmo que para os outros, criticando a Zapatero. ¿Para qué mandar tanques a Libia? Se é o mesmo que o de Irak…”. Miña nai sae da conversación da radioactividade xaponesa para replicar. E así segue a tarde, os mismos temas salpicados con algunha que outra anécdota veciñal.
Pola noite, saída cos amigas. Os temas, en primeiro lugar, conversacións sobre o que nos incumbe directamente: amigos, familia e estudos. Acto seguido, volta ós “temas o día”, que por algo se chaman así. Metres tomamos unha cervexa nunha terraza e falamos de Fukushima, ó fondo soa “Loca” de Shakira, repetida ata a saciedade nos medios, e trasladada do mesmo xeito á rúa. E aínda hai que afirma que a él o que a televisión diga por un oído lle entra e por outro lle sae…
Barreiro Creo TGP 1d 19/03/2011
Posted on 20 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0