A opción correcta

A tarde do pasado mércores quedamos na Praza Cervantes, e dende alí encamiñámonos cara a Cociña Económica, lugar que dende hai máis de cen anos está a prestar un servizo para aquelas persoas con menos posibilidades. Alí tiñamos concertada unha cita coa súa directora, a irmá da caridade Esther Seoane, quen nos atendeu nunha pequena sala de estar na que xa se fixeron numerosas entrevistas dende a fundación da Cociña.

<< A comunicación é complicada, xa que existen diferentes niveis de comunicación. Esta é un expoñente da categoría humana. Se xa é difícil entre persoas “normais” nestes “grupos” que son marxinais, complícase máis. É difícil comunicarse, sobre todo cando un está nunha situación de conflicto e insatisfacción persoal, porque son persoas que están desarraigadas dos seus orixes, amigos, entorno…>>, palabras de Esther Seoane. Quen forma parte deses grupos “normais”?

<< Eles din: “vivides moi ben”; e eu dígolles, “xa, pero é que eu estou traballando todo o día, e vós estades moi tranquilos tomando o sol, e a xente que traballa non ten tempo para iso. Hai que escoller a opción correcta da vida: unhas danche diñeiro e outras non, outras danche status e outras non>>, afirma a directora da Cociña Económica. Realmente é tan sinxelo escoller a nosa vida? E é máis, témos a liberdade de coller o camiño que desexamos ou é un camiño que nos vén dado por “forzas” alleas a nós, a sociedade quizais?

Nós xa sacamos as nosas propias conclusións, pero antes de expoñelas aquí, gustaríanos saber a vosa opinión. Agardamos as vosas respostas.

TGA 3b2

Posted on 21 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 15 Comentarios.

  1. ¿Credes que esa comunicación con persoas marxinais os vai axudar na vosa vida persoal? ¿E na vosa faceta profesional? Quizais como xornalistas deberiámonos poñernos no lugar da xente desfavorecida que cada vez máis ocupa noticias e programas de televisión.

    • Eu creo que si, Lena. Como dixo a directora do centro,” si xa é dificil a comunicación entre persoas “normais”, nestes grupos que son marxinais complícase máis”. E se nós nos poñemos a falar con algunha desas persoas ao principio será complicado, pero estou segura de que o conseguiremos e que poderemos sacar moitas conclusións. Son persoas que levan unha vida completamente diferente á nosa e que, por iso, nos achegarán unha visión da mesma moi diferente. Por tanto, axudaranos a ver doutra maneira as cousas, a elixir ben o camiño que queremos seguir nas nosas vidas e moitas cousas máis. Se nos axudará na nosa faceta profesional? Eu creo que todo o que che poda axudar na vida persoal acabará, dalgunha maneira, afectando ao profesional. De todos os xeitos, xa vos comentaremos a nosa experiencia na Praza de Cervantes.

  2. cristina méndez salgado

    Eu penso que é un 50%, porque aínda que ti traballes para mellorar a túa vida, sempre existen motivos polos que vas por un lado ou por outro da vida.
    Co trato ós grupos marxinais, eu penso que aínda que se non pide que nos relacionemos con todos e non poñamos pegas a expresar os nosos sentimentos, ó final, cando o facemos sempre hai alguén que nos mira mal e que tira para atrás de todos os progresos que se pudieron ter feito nas formas de relacións persoais.

  3. Opino coma Cristina, mais eu engadiría máis: HIPOCRESÍA, iso é o que define na maior parte dos casos ás relacións que soemos ter cos grupos marxinais. A todos lles dan pena, poucos manteñen algún tipo de relación e case ninguén deixa de sentir vergoña ao facelo.
    Con respecto ao camiño que cada un toma, interveñen os dous factores: o saber buscar, esforzarse e ter interese, máis a sorte e as circunstacias que, obviamente, ninguén pode controlar.

  4. Equipo de crítica e corrección

    Estan interesantes ambas declaraciones, nos parece muy buen contenido, pero hace falta el elemento visual que lo haga más llamativo. Es bueno el hecho de que su tema genere tantas opiniones, nos gustaria saber un poco la del grupo.
    Suerte en su trabajo!

  5. Yo creo que cualquier tipo de comunicación con otra persona, sea marginal o no, sea mayor o un niño, o sea en las circunstancias que sean, cualquier tipo de comunicación es positiva para la vida de cualquier persona. Quiero decir que la comunicación nos enriquece y el trato con otras personas y escuchar al otro nos aporta nuevas formas de ver y de actuar para nuestra vida diaria

    • Nunca mellor dito, Iria. O teu comentario fíxome recordar aquela tarde na que acudín á Praza de Cervantes na busca de “vítimas” que me axudaran a elaborar a reportaxe para Neira. Nada menos ca tres horas as que botei alí falando con varias persoas portadoras da etiqueta “marxinal”. Unha conversación realmente cómoda, amena e fluída, á marxe dos temas tratados durante a mesma, non especialmente divertidos. Aínda gardo na miña axenda o móbil dun deles, que por certo se ofrecera a me convidar a un café cando eu gostase. Desde logo, foi todo un pracer comunicarme interpersoalmente con eses individuos.

  6. Alejandro López Carballeira

    Creo que aquí entra en xogo outro elemento, moi relacionado co tema da comunicación, o da personalidade. O xornalista ten que ter unha forte personalidade cando traballa con temas de marxinación social.
    Evidentemente hai que manter unha distancia cando traballamos con inmigrantes, sen teito,… Pero moito máis importante: a implicación personal. Se non hai implicación non haberá un producto comprometido. Se non hai personalidade e implicación, será difícil que haxa unha profesión que mellore a vida das persoas (como dí Cristina) ou un traballo sen hipocresía (como apunta Andrea).

  7. Javier González Penedo

    Non é doado poñerse na pel dese tipo de persoas polo mero feito que nunca estivemos nunha situación similar. Podemos aproximarnos moito ás súas realidades, pero xamais teremos coñecemento fundamentado no tocante ó que se agocha nas súas mentes e nos seus corazóns. Por outro bando, implicarse si que é unha cousa realmente necesaria tal e como apunta Alejandro, pero dende o meu modo de ver, se esa implicación non é realmente espontánea e sincera, o verdadeiro obxectivo non se poderá acadar. Pódese ser hipócrita e aparentar como comentan varios dos meus compañeiros, pero sen honestidade xamais se chegará a unha verdadeira acción.

  8. Alejandro López Carballeira

    Puede ser útil para vuestro TGA este informe sobre los sin techo publicado recientemente por el Valedor do Pobo:

    Fai clic para acceder a PersonassinhogarenGaliciacastellano.pdf

    Ahí lo descargais en pdf.

  9. Sandra Mourelos

    Como membro do TGA 3b2, o cal está a traballar sobre este campo e realizou o presente post, gustaríame ante todo agradecer as vosas opinións. Paréceme moi preciso o apunte que fixo Andrea sacando a relucir a palabra Hipocresía a esta tertulia. Así mesmo, coincido con Iria en que todo acto comunicativo é enriquecedor.
    Porén, eu vou incidir sobre outro tema no que vexo que ninguén reparou. No post cítanse palabras textuais de Esther Seoane, que nun momento dixo “Se [a comunicación] xa é difícil entre persoas “normais” nestes “grupos” que son marxinais, complícase máis”, motivo polo que nós puxemos a pregunta: quen forma parte deses grupos “normais”?
    A mellor maneira de comprobar se hai ou non exclusión xa non é só ver como cambia a maneira de falar e de tratar coa xente dependendo do grupo social ao que pertenza, senon que no momento no que os denominamos como “os excluídos” ou “os marxinados”, entre outros, estamos excluíndo. Nós, como comunicadores, temos que darnos conta do valor e da importancia das palabras. E no noso grupo cremos que Esther Seoane, cando denominou así aos diferentes grupos sociais cos que convive diariamente, querendo ou sen querer, exclueu. Que opinades?

  10. Claro, a linguaxe sempre é a primeira forma de exclusión que existe. En moitos casos tentamos facernos crer que nós non somos coma os demais e que nós non excluímos, e a linguaxe descóbrenos.
    Por outra banda, estou de acordo con Iria e con Sara en que a comunicación interpersoal con calquera grupo de xente é enriquecedora. E se é cun grupo socialmente considerado “marxinal” (por deus, quenes somos a sociedade, como apuntou Sandra, para pór calificativos tan excluíntes, para fixar o que é normal e marxinar a todo aquilo que se sae da norma, quen nos outorgou esa potestade?¿¿) e nós pertencemos a outro grupo socialmente considerado “máis normal”, pois esta aínda será máis enriquecedora. Nada fai medrar persoalmente máis que o contacto co diferente.

  11. Nós non podemos nin imaxinar o que estas persoas pasan e sufren. Podémonos poñer na pel delas e intentar imaxinalo pero nunca chegaremos nin a aproximarnos a súa verdadeira realidade.
    Por outra banda a vida que cada un remata por cursar é un cúmulo de circunstancias que moitas veces non se poden escoller pero que moitas outras sí. Polo tanto non é que a vida sexa un camiño que nos vén dado por forzas alleas, pero si é un camiño no que inflúen factores que moitas veces non se atopan ao alcance das persoas.

  12. Cristina Martínez Carou GI3

    No creo que sea tan fácil escoger el tipo de vida que tienes. Nos vemos muy influidos por nuestro entorno, por nuestra educación… y por desgracia, por nuestras posibilidades económicas.

    Hay muchas personas que con esto de la crisis se han quedado sin trabajo, sin paro, sin ayudas económicas… eso no lo han elegido ellos. Claro que las decisiones tomadas influyen en el curso de nuestras vidas, pero muchas veces, nos vemos forzarnos a adaptarnos a lo que se nos presenta.

    Me gustaría saber también cuáles son las conclusiones al respecto…

    ¿No habéis podido contactar con ninguna persona de estos grupos “marginales”? Sería también muy interesante saber sus opiniones… aunque entiendo lo complicado del asunto.

    • Sandra Mourelos

      Pois o certo é que un dos obxectivos a realizar polo noso equipo é falar tanto cos “excluídos” como cos “normais” (remítome á denominación de sor Esther Seoane), pero á hora de realizar un esbozo de cuestionario estamos atopando moitas dificultades… No post desta semana explicaremos un pouco como vai este traballo, e en canto falemos con ambas partes comunicarémolo.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: