Catro días incomunicada

Tras estar dende o xoves na miña casa, e non ter Internet, posto que só teño conexión cando estou en Santiago, estiven totalmente incomunicada no que dixitalmente se refire.

Tras estes días sin Internet podo reflexionar sobre a importancia deste, xa que a miña vida sen Internet é tranquila, máis que con el, pero tamén me atopo máis perdida posto que non me entero de moitas novidades. Por exemplo, agora que prácticamente todos os temas de clase se tratan por esta vía non podo estar ben informada. Por non falar de que non podo consultar os xornais dixitais, que son os que eu consumo habitualmente.

As relacións persoais, na miña opinión, melloran sen tanta rede social por medio. Comunícome coa xente en persoa ou ben por teléfono, pero non simplemente por mensaxes escritas no Tuenti ou no Facebook, mensaxes que poden levar a confusión posto que podemos escribir certas cousas querendo dicir algo e que a outra persoa os interprete de outra maneira.

Sen Internet tamén aproveito para disfrutar de bos libros que tiña pendentes de ler, así como de películas e mesmo da televisión, que teño máis abandonada cando estou en Santiago. Adico o meu tempo libre a outras cousas, como ir ver un partido de fútbol, por exemplo.

Así que tras 4 días de desconexión, esta é o meu primeiro contacto coa rede.

TGP 1C Basanta López, Alba

Posted on 21 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Corrección Grupos 1-2

    A realidade non só se descubre por Internet, a pesares do que poida parecer nesta sociedade tan dixitalizada. Tes á túa disposición outros medios como a televisión, o xornal ou a radio incluso, que esta perdendo especialmente adeptos.
    Se ben é certo que as relacións sociais non dependen das redes en Internet, si que é certo que as fomentan ou incluso as melloran, non cres?

  2. Alba Basanta López

    Non só se descubre a actualidade e realidade por internet pero si que é o medio ao que más comunmente accedo.
    No relativo ás relacións socias, sí que facilitan a comunicación as redes en Internet pero iso non quere decir que a melloren.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: