LE! QUE NON TEN DESPERDICIO!

OLLO ao PIOLLO!! Temos que mudar a aula para proxectar as dúas primeiras películas, abaixo xunto ao día vén o sitio. Desculpade as molestias.

Son o máis parecido que atopamos a unha sala de cine, pero nunca serán unha sala sen os espectadores, así que esperamos que o programa que vos ensinamos a continuación vos motive abondo para vir facernos unha visita.

 

Luns 28 de marzo, 17:00 Visionado 3

El Jardinero Fiel, Fernando Meirelles: un diplomático británico descobre unha trama de corrupción na industria farmacéutica a raíz do asasinato da súa muller.

Xoves 31 de marzo, 17:00 Aula 1

Grita libertad, Richard Attenborough: un xornalista conta a historia do activista sur africano contra o Apartheid Steve Biko, baseada en feitos reais.

Luns 4 de abril, 17:00 Visionado 1

Desaparecido, Costa- Gavras: o pai dun xornalista secuestrado no Chile de Pinochet emprende a súa busca descubrindo as trabas que pon o poder á liberdade de expresión.

Xoves 7 de abril, 17:00 Visionado 1

El dilema, Michael Mann- Descuberta do xogo económico das tabacaleiras estadounidenses a través dun xornalista

Atención! Esta semana repartirémosvos un tríptico informativo que conterá un número. Gardádeo ben, xa que despois de cada filme realizaremos un sorteo no que haberá REGALOS SORPRESA!

(TGP 3Ñ)

Posted on 21 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Encántame a idea do regalo sorpresa, ese cebo para transeúntes despistados que poidades capturar para o voso ciclo de cine.
    Non hai mellor cousa que, se sospeitades que a mensaxe que ides transmitir podería non atraer público abondo, acompañalo dalgunha cousiña co cartel “DE BALDE”.
    Deberían tomar nota quen montan a meirande parte de conferencias da facultade, en serio.
    Contade comigo para o ciclo.

    PD: boto de menos unha etiqueta “Cinema” no voso post.

  2. Entre el título que me dejó con la intriga para leer lo que había en el post y los regalos, me habéis ganado.

  3. Equipo de crítica e corrección

    Ojo con las etiquetas, no sabemos qué grupo ha hecho esto.

    • Desculpade rapaces, non dos decatáramos do das etiquetas e de poñer o nome do grupo, mais xa está arranxado. Alegrámonos moito de que vos pareza unha iniciativa interesante e estamos seguros de que non vos vai defraudar. Agora xa sabedes, esta semana (probablemente xoves) repartiremos uns trípticos e tendes que quedar con eles xa que vai haber un sorteo por cada proxección! Así mesmo, no tríptico explicarémosvos máis polo miúdo o contido de cada filme, pero podedes estar seguros de que son unhas señoras películas. Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: