Trainspotting: escolleu non escoller a vida

Trainspotting é a descrición do tipo de vida de Mark Renton, un drogodependente. A estraña visión que posúa un drogadicto da realidade que o rodea. Mentres o resto do mundo se empeña en mellorar a súa vida, os adictos as drogas só teñen unha meta: “buscar unha vena para inxectarse droga”. Mark non busca seguir a maioría.

El rodéase de xente cos mesmos problemas ca el: a drogodependencia. Forman unha comunidade na que só lles importa a súa adicción. Unha comunidade na que non se preocupan porque un recén nacido ande metido nas súas reunións rodeado de xiringas. Unha comunidade na que celebran a morte de alguén coa preparación dunha dose, xa que é a súa maneira de escapar dos problemas, da dor.

Na película non se amosa que exista unha exclusión ou marxinación debida a que sexan drogodependentes, senón porque rouban. É verdade que rouban para conseguir esas substancias, pero iso non é o que a sociedade recrimina. Viven nun ambiente de dificultades provocados pola súa adicción, pero iso non implica un deterioro das relacións interpersoas dos membros da súa comunidade. Así mesmo, por parte das familias non se amosa ningún tipo de desprezo, senón mais ben todo o contrario. En todo o momento tentan apoiar a enfermidade dos seus seres queridos, un feito que na vida real non sempre se dá.

Finalmente, gustaríanos salientar que no filme non se amosan moitos exemplos do sentimento ou da visión que posúe a sociedade con respecto a estes grupos “especiais”. Porén, céntranse nas relacións interpersonais do grupo de amigos protagonista da historia. Coincidides vós coas nosas conclusións? Esperamos as vosas aportacións.

Bibliografía

Ficha da película

Trailer

TGP 3Q


Posted on 21 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. Equipo de crítica e corrección

    Habéis hecho una correcta sinopsis de la película, además de apoyar vuestro post tanto con enlaces y con recursos multimedia, es decir, que conseguís que sea un post ameno, entretenido y fácil de leer.
    Nos gustaría saber cuál ha sido vuestra impresión sobre la película.

    • “Trainspotting” no es una pelicula que suela dejar indiferente a nadie. Y nuestro caso no fue distinto. Caminamos con el protagonista por su largo camino de adicciones y desintoxicaciones comprendiendo lo importante que pueden ser los padres en este proceso. Entendimos que Boyle no buscaba enseñarnos a unas victimas sino a personas enfrascadas en un mundo lleno de muchas drogas donde la amistad con los amigos es importante, pero que solo se demuestra dejandole un fajo de billetes al más honesto de ellos. Las cuatro comprendimos que a veces un poco de “humor” (por llamar de alguna manera a ciertas escenas de alucinaciones) puede hacer más llevadera una pelicula sobre una grave problema social como son las drogas sin dejar de mostrar la realidad.

  2. Brais Suárez González

    A min o que me gusta desta peli é que non se fixo unha especie de drama social tipo Diario dun Rebelde ou Yo, Cristina F. (un muermo idiotizante e pedante para críticos), senón que conseguiu reflitir o que Mark di de (os tempos estaban cambiando, as drogas estaban cambiando e a xente estaba cambiando). Vamos, que nesta peli se ve como as principais institucións de socialización deixan de ser a familia, a escola e a Igrexa para pasar a ser a promoción do comunismo e a economía de mercado: o resultado disto dáse nos oitenta, especialmente nos personaxes: a extensión dunhas drogas tradicionalmente restrinxidas ós bohemios á cultura de masas. Así, a min paréceme ver que o enfoque que se lle dá a M. Renton, Spud, Sick Boy e compñía non é de vítimas, senón de xente normal desa realidade social.
    Amais, e perdoade que me estenda tanto, vexo en Renton unha especie do antiheroe moderno (fuxe desa estupidez de “espero morrer antes de facerme vello e deixar un fermoso cadáver”) e parece ser consciente en todo momento do que fai, como o típico británico moderno (como Noel Gallagher ou John Lidon): “nós cociñamos o pastel e nós nolo comemos”.
    Vamos, que é unha peli que me gustou especialmetne xDD

  3. Primeiramente dicir que me parece un filme xenial. En segundo lugar, atopo a vosa visión moi interesante, mais non coincido de todo con ela. É verdade que hai moito tempo da última vez que a vin, pero creo recordar que as relacións entre os membros da comunidade si se vían afectadas pola adicción ás drogas. Por exemplo, cando están en Londres para facer o negocio hai unha enorme disputa entre Mark e os seus compañeiros. Máis aínda, cando (creo que era Mark) rouba o vídeo do seu amigo coa moza estraga a súa relación con el. Evidentente as drogas teñen aquí a súa influencia. Explícome: a adicción fai que Renton viva nunha realidade na que deixar un bebé entre xeringas resulte normal. Evidentemente vive nun mundo distorsionado, onde actuacións que a nós nos parecen censurables a el non llo parecen. É máis, polo mero feito de que nós reprochemos dende o outro lado da pantalla a súa conduta quere dicir que se trata dun grupo de marxinados sociais. As drogas son a causa da concepción da vida que ten Renton e de que o seu mundo sexa así.

  4. Antes de nada, felicitar ao grupo/persoa pertinente por esta interesante entrada. Coincido con Brais en que a historia non se dramatizou até extremos, aínda que é certo que iso débese máis ao estilo do escritor detrás desta adaptación. Creo que non deixa de ter un trasfondo crítico, pero a mensaxe que eu recibo é de cómo catro ou cinco amigos drogadictos dun barrio marxinal viven a súa vida rodeados de merda (e perdón pola expresión). Que a maioría deles se limiten a vivir co que teñen, que non aspiren a máis xa reflicte moito de certos grupos sociais, aínda que tamén está a figura de Renton que dalgún xeito logra ¿aspirar? a un mellor futuro, fose do modo que fose. A súa relación coas drogas sí condicionan as súas propias relacións, pero vén sendo, aos meus ollos, o marco da foto.
    Con respecto á frase “Unha comunidade na que celebran a morte de alguén coa preparación dunha dose, xa que é a súa maneira de escapar dos problemas, da dor”, creo que está sacada un pouco de contexto, xa que escrito así soa máis frío do que realmente é.

  5. Sandra Mourelos

    O post escribímolo as 4 membros do TGP xuntas, pero vou intentar explicar o porque da frase que citaste Lorena, “Unha comunidade na que celebran a morte de alguén coa preparación dunha dose, xa que é a súa maneira de escapar dos problemas, da dor”. Eu penso que igual soa un pouco fría polo emprego da palabra “celebrar” xunto a palabra “morte”, pero nós o que pretendiamos dar a entender é precisamente como para escapar da situación que están a vivir nese momento (situación que escapa ao seu control e ante a cal non saben reaccionar), “pícanse outra vea” para tratar de fuxir da dor e da realidade. En ningún momento pretendemos frivolizar co tema.

  6. Ángel Miranda Ramos

    A película parece bastante interesante polo que se conta no post e o que falan os compañeiros, xa que teño que admitir que eu non vin esta película. De todas formas gustaríame falar do tema que aquí se trata posto que non fai falla ir a unha película para velo, xa que o temos máis cerca do que nos pensamos. Quen non veu algunha vez durante o día xente con este problema? No referente á comunicacxión interpersoal dentro desta comunidade estou dacordo co que di Pablo. A comunicación interpersoal entre as persoas que padecen este tipo de enfermidade está ameazada cando, por exemplo, se producen conflictos entre eles tendo como causa a falta da súa dose. Non é necesario mencionar que os integrantes desta comunidade e os membros que están fora desta, tamén teñen conflicto entre eles, xa que as prioridades e os intereses son distintos; ademais o estado psicolóxico e emocional é bastante inestable nos drogodependentes.

  7. Ángel, como ben dis todos vimos ao longo na nosa vida escenas de persoas que sufren adiccións ás drogas, todo tipo de drogas, incluindo ás chamadas “drogas duras”. Non nos olvidemos que tamén existen as “drogas brandas”, que moitos de nós consumimos: tabaco, alcohol ou, mesmo, o café.
    Outro punto que queriamos resaltar do teu comentario, é o feito de chamar enfermos aos drogodepentes. Dende os nosos puntos de vista consideramos que é máis correcto empregar adictos ou drogodependetes.

    Moitas grazas pola túa aportación.

  8. Ángel Miranda Ramos

    A verdade e que no post tanto empreguei a palabra enfermos como drogodependestes, que é como vos preferides que sexan chamados. Debo aclarar, que empreguei o cualificativo enfermos porque unha persoa que consome a droga que sexa, non están san; tódalas drogas causan algún tipo de dano no noso corpo. De feito, as persoas que teñen problemas coas drogas, teñen un baixón considerable no seu aspecto físico e polo tanto na súa saúde, tanto física como mental. As persoas adictas ao tabaco, ao alcohol, á cocaína, etc son drogodependentes, e ao mesmo tempo teñen problemas respiratorios, de corazón, mentais, … polo que están enfermos, son enfermos. Padecen unha doenza a consecuencia das drogas.

  9. Raquel Rodríguez Novo

    Primero decir que me encanta esta película, por el simple hecho de que no es la típica película de drogas, destrucción, horror,… todos sabemos que las drogas son malas pero si lo eliges, ¿es tan malo? sabes que va a acabar contigo y a pesar de ello continúas consumiendo. Se ve en el filme perfectamente que una persona es capaz de salir, más o menos, sin problema de esa círculo vicioso que una droga puede crear, me refiero al “mañana lo dejo” y al final vuelves.
    Además me gustaría destacar el caso del amigo de Renton, que ahora no recuerdo el nombre, el deportista, que no consumía drogas, ni nada, que advertía de las consecuencias de esas acciones y que al final es el que acaba muy mal parado. Considero que el ser humano, por si mismo, es cotilla. Quiere saber “qué pasaría si…” y por esa regla de tres, por mucho que prediques en contra de algo, esa incertidumbre de comprobarlo por ti mismo acaba por vencerte y llevarte a realizar lo que siempre has criticado.

  10. Silvia muiña

    A mí también me encanta esta película!! como ya dijeron por ahí, no es la típica peli de drogas, para mí tiene muchos puntos cómicos, pero eso ya depende del humor de cada uno…es un filme que causo un gran revuelo cuando se estreno, entre otras cosas porque fomentaba las drogas entre los adolescentes, eso decían…para mí suponía todo lo contrario. Me parece que tiene excelentes diálogos, muy reales y tratados con una cercanía asombrosa, es una forma de conocer un poco el mundo de la heroína y sus consecuencias, así como descubrir qué tipo de comunicación existe entre ellos, los drogodependientes, qué tipo de sentimientos experimentan y etc.

    Otras pelis que recomiendo sobre este tema son:
    Teniente corrupto, un excelente filme de Herzog http://www.youtube.com/watch?v=_MYqiXehqYg&feature=related

    Y luego otra que muchos conocereis: Requiem por un sueño, ésta última ya es más dura de ver, pero es excepcional, sin duda: http://www.youtube.com/watch?v=lgo3Hb5vWLE

    Dos pelis, que al igual que Traisnpotting ,son estupendos filmes que tratan un problema de una forma muy realista y diferente.

  11. Silvia muiña

    A mí también me encanta esta película!! como ya dijeron por ahí, no es la típica peli de drogas, para mí tiene muchos puntos cómicos, pero eso ya depende del humor de cada uno…es un filme que causo un gran revuelo cuando se estreno, entre otras cosas porque fomentaba las drogas entre los adolescentes, eso decían…para mí suponía todo lo contrario. Me parece que tiene excelentes diálogos, muy reales y tratados con una cercanía asombrosa, es una forma de conocer un poco el mundo de la heroína y sus consecuencias, así como descubrir qué tipo de comunicación existe entre ellos, los drogodependientes, qué tipo de sentimientos experimentan y etc.
    Otras pelis que recomiendo sobre este tema son:
    Teniente corrupto, un excelente filme de Herzog.

    Y luego otra que muchos conocereis: Requiem por un sueño, ésta última ya es más dura de ver, pero es excepcional, sin duda:http://www.youtube.com/watch?v=lgo3Hb5vWLE
    Dos pelis, que al igual que Trainspotting ,son estupendos filmes que tratan un problema de una forma muy realista y diferente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: