A Lagoa de Antela e os Tiranos

Conta a lenda que, nas profundidades da Lagoa de Antela (ou do que antes se coñecía como tal, xa que agora está totalmente desecada), atópase a cidade de Antioquía. O pobo que habitaba nesta era terriblemente cruel e tiña sometido a todos os veciños da contorna, polo que un bo día Xesús decidiu por fin a este proceder e dirixiuse a Antioquía na figura dun pobre esmolante. Tentou a caridade da primeira á última casa da cidade mais non achou ninguén que lle axudara. Cando xa marchaba, co corazón desfeito, encontrou unha velliña sentada a carón do lume na súa humilde casarella. Xesús agarimouse e pregou:

–          Unha esmola por amor de Deus.

–          Pase quen sexa– dixo a velliña.

Á maña seguinte, a única persoa que mostrou compaixón polo mendigo, agarimouse á fiestra e observou que no lugar onde se atopaba Antioquía se estendía unha lagoa que asolagaba a vila. Ninguén se salvara do duro castigo salvo ela.

A auga como elemento redentor é un tema recorrente na dogma do cristianismo e que está presente polo tanto noutras lendas españolas como, por exemplo, a que conta como xurdiu o Lago de Sanabria, na provincia de Zamora. A historia é moi semellante á que veño de relatarvos.  Un día, chega á aldea de Villaverde de Lucerna un peregrino pedindo esmola, ó que ninguén presta axuda ou refuxio. Ninguén salvo unhas mulleres que estaban cocendo pan. O peregrino, que outra vez é Xesucristo, grita en presenza destas, o castigo que ía implantar ó pobo ante a súa falta de caridade: inundaría a aldea, polo que deberían fuxir das súas casas e refuxiarse no monte. O home crava o seu bastón no chan dicindo:

Aquí clavo mi bastón,

aquí salga un gargallón,

aquí cavo mi ferrete,

que salga un gargallete”.

Son moitos os autores que teñen recreado a lenda do Lago de Sanabria (Miguel de Unamuno en San Manuel Bueno, mártir) ou mesmo a da Lagoa de Antela. Pero ninguén parece lembrase de que foi o xeneral Francisco Franco o principal artífice do desecamento da Lagoa de Antela, privándonos en Ourense dunha paraxe natural que podería ser equiparable á da provincia zamorana, que por outra banda non lle ten nada que envexar á outras paisaxes españolas (como os lagos de Covadonga) e incluso, atreveríame a dicir, europeas (véxase o caso dos Lagos de Glendalough en Irlanda). A historia repítese, e durante o franquismo, aparece outra vez un tirano, en forma de caudillo, que se encarga de desfacer o que, segundo conta a lenda, Xesús fixera para castigar ós habitantes de Antioquía. Pasade se non o fixestes xa, pola zona dos Lagos de Sanabria. Asegúrovos que paga a pena.

Eire Valcárcel Picouto CL4x.

Posted on 22 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Lorena Riveiro Rodríguez

    Cando lin Antela no título do post prendeu en min unha pequena inquedanza porque todas as miñas raíces están na Limia. Efectivamente, non me equivocaba. Moi interesante a referencia que fas á lagoa, especialmente porque me trouxo moitos recordos de cando meu pai e meus avós contaban as lendas que sempre houbo en Xinzo arredor dese pequeno mito que foi Antela.
    Din que as catro torres que presidían os outeiros da zona (das que, por certo, aínda se pode ver algunha en pé como a de Pena ou a da Forxa) gardaban a Lagoa dos ataques dos bárbaros, porque dende elas víase toda a chaira da Limia. Dende sempre tiven certo respecto por esa misteriosa cidade de Antioquía e, é que miña bisavoa sempre me dicía que, polas noites, se te achegabas á Lagoa, aínda podías escoitar o cantar dun galo que quedara atrapado baixo a forza da auga naquela cidade asolagada.
    Ben é certo que a tradición cristiá está moi presente nesta historia, pero tamén se ve moi ben na Limia a fusión que sempre hai en Galicia entre o rito cristián e as crenzas máxicas e paganas. Non hai máis que botar unha ollada ao outro gran mito da Limia, o do río do esquecemento que lle roubaba a memoria aos lexionarios romanos que viñan conquistar estas terras. Daquela Cristo pouco tiña que ver, pero o que está claro, é que todas estas lendas forman parte do imaxinario colectivo da xente da lima, que mira o río e a chaira da Lagoa cun respecto que moitos non poderían entender.
    A aberración que fixeron ao secala, sen dúbida, foi outra das feridas que deixou na Limia o recordo dun tempo moi duro e difícil de esquecer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: