Corazón ao ritmo de dous latexos
Continuamos pegados ao mar, aínda que haxa que perdelo de vista. Cando un regresa do Ferrol Vello ao Ferrol novo, o fondo de cor azul desaparece de forma abrupta e vese trocado pola insulsa monotonía dunha superficie branca que mutila a cidade e fai agromar unha curiosidade terrible. ¿Que hai ao outro lado? Pesado interrogante que se instala nun e xa non o abandona.
É o Arsenal militar a resposta. Urbe antípoda da Atlántida, pois o terreo que ocupa foille gañado ao océano. Moitas cousas se poderían comentar desta superficie que permanece agochada para os que non pertencen á Armada. Habería que remontarse a mediados do século XVIII, cando arrancou o ambicioso proxecto que se nutriu do estilo artístico e o espírito racionalista do momento…
Un patrón que se estendeu á cidade da outra beira do muro branco e que determinou a súa configuración e os seus modos de vida. Porque as dúas zonas respiran o osíxeno bombeado por un mesmo corazón. Iso si, un corazón que palpita ao ritmo de dous latexos diferentes: o militar e o civil. En Ferrol, ou se era da Mariña ou de estaleiro.
Alba Lago Martínez, CL4X
Posted on 23 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Colaboracións, Comunicación Local. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0