Conclusión da dieta de medios
Despois dunha semana de consumo mediático, (máis tres días de reflexión), presentamos oficialmente as conxeturas máis significativas do noso estudo:
-As principais relacións, mediante conversas, foron mantidas con xente que posuía un perfil semellante ó noso (a nosa idade e os nosos intereses), xa que comprendimos que a comunicación con estes individuos sería máis fructífera.
-O momento da conversa, factor determinante. Se ben non importa o momento no que se asimilou a información, os intres de meirande ebullición comunicativa xurdiron nas comidas, eventos deportivos ou durante saídas nocturnas.
-O tempo dedicado ó consumo de medios aumentaba sustancialmente durante as fins de semana. Na semana laboral, víase amplamente reducido polas diversas labores académicas, limitando deste xeito a temática da interacción.
-Os ámbitos máis frecuentes de consumo no piso de estudantes, universidade e lugares comúns; así mesmo, o horario de consumo máis habitual foron ás mañás, ó comezo da xornada laboral, e polas noites, antes de deitarse.
-Posuímos 2 grupos relacionais: un en Santiago e outro nas nosas respectivas localidades. Estes entornos condicionan irremisiblemente a nosa atitude, o tema de conversa: o nivel de confianza varía dun lado a outro.
-Atopamos certas similitudes na elección de acceso á información: primase máis o consumo de medios dixitais que o tradicional papel ou incluso á radio, debido ó limitado tempo de adicación ós medios, así como a comodidade.
-A realidade, entendida como entorno onde sobrevivimos, ven condicionada por dous factores: a conformación da mesma que nos ofrecen os medios, e as distintas opinións que dela ofrecen a xente do noso entorno máis próximo.
Con estas ideas principais, extraemos que a comunicación, como configurador da nosa realidade, foi nutrida e inxente. En función da cantidade de información obtida dos medios, interactuamos máis cos nosos coñecidos de xeito fortuito e espontáneo; non forzamos o contacto (ergo, non existía itinerario).
Nunha nova exploración, e na hipótese de que non coincidiramos nun mesmo espazo público, poderiamos contrastar resultados que diferirían dos actuais. A confianza, premisa fundamental para o éxito da dieta.
Grupo TGP 2M
Posted on 24 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Consumo de medios, Participación (TGP´s). Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0