Consumindo, interpretando, comunicando

Ao dedicar esta semana ás dietas de consumo de medios démonos conta, por un lado, da realidade mediática na que vivimos, cun consumo de medios moi elevado e gran cantidade de información á nosa disposición; e por outro, da realidade que observamos, a realidade inmediata, a nosa. Este exercicio axudounos a reflexionar sobre a comunicación: con quen nos comunicamos, como e por que; que grao de incidencia teñen sobre nós  os inputs recibidos dos medios ao longo do día; e, en definitiva, de que xeito nos relacionamos co noso entorno físico, mediático ou virtual.  Foi para nós unha especie de autoanálise que nos valeu para avaliar que buscamos cando acudimos á comunicación e aos medios.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nos nosos posts falamos de actualidade, de afeccións, de medios de comunicación…pero tamén falamos do noso día a día, de nós mesmas, o que nos serviu para coñecer os nosos hábitos un pouco mellor. Isto fixémolo non tanto como unha lista referencial, senón buscando os motivos, causas e consecuencias das nosas accións cotiás que, en moitos casos, son repetitivas e monótonas. Con respecto a isto, chegamos a constatar que diariamente dedicamos bastante tempo a consultar os xornais dixitais debido á súa comodidade e rapidez, en detrimento doutros medios como a radio e, en menor medida, a televisión.  E tamén puidemos comprobar até que punto os medios inflúen nas relacións interpersoais, tanto creando opinión como facilitando a interacción social ao servir como temas de conversa habituais.

Porén, a diferenza, tanto no aspecto do consumo de medios como no das relacións interpersoais, dáse sobre todo na fin de semana, cando rompemos coa rutina, aproveitamos o tempo de lecer con outras actividades, buscamos outros contidos nos medios (entretemento, sensacionalismo, etc) e temos contacto directo con persoas máis achegadas a nós. O tempo libre, o cambio de aires e a relaxación propia dos días ociosos son sen dúbida un motivo de peso para desconectar do mundo e centrarnos na nosa pequena parcela, o noso entorno e os nosos intereses.

Para dar por rematado este capítulo,deixámosvos este vídeo para que sigades reflexionando sobre o acto da comunicación:

TGP 1D

 

Posted on 24 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Corrección Grupos 1-2

    Está ben a idea de incluír o vídeo, pero este xa se puxo neste blog máis de 3 veces, de modo que intentade renovar o voso material un pouco para non resultar repetitivos, de acordo?
    Credes que os medios conforman a nosa realidade contemplativa coa súa configuración visual e sonora? Ou, pola contra, canto facemos, cremos e sabemos provén de diferentes fontes e nós mesmos diseñamos e desenvolvemos o noso punto de vista?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: