“Utilicemos el sentido común”

A sala de usos múltiples do Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche de Compostela acolleu o pasado mércores, día 16, a mesa redonda As Redes Sociais, Todo o que Tes que Saber. Participaron o presidente do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia), Fernando Suárez Lorenzo, a psicóloga clínica e directora da UMAD, Pilar Bermejo, e Fernando Villar, formador da Garda Civil.

A mesa redonda alertou sobre os posibles perigos das redes sociais a pais, nais, educadores e á sociedade en xeral a prol dun uso razoable e axeitado das novas tecnoloxías nas relacións sociais.

A problemática das redes sociais ten principalmente dúas vertentes: a privacidade e a adicción. As redes sociais son formas de interacción social que facilitan o intercambio dinámico entre as persoas. Pero, ¿pode o seu excesivo uso poder chegar a crear adicción? ¿Ou incluso a súa falta provocar síndrome de abstinencia? En palabras de Pilar Bermejo: “No son las nuevas tecnologías las que crean adicción, sino las personas las que se vuelven adictas”.

Na actualidade as redes sociais teñen máis de 1.000 millóns de usuarios (80% dos internautas). O boom das redes sociais produciuse co nacemento de Facebook. Aínda que esta rede social naceu no ano 2004 non foi ata varios anos despois cando se convertiría no fenómeno de masas que é na actualidade contando hoxe en día con máis de 640 millóns de usuarios. Incluso, como supoño que todos xa sabedes se fixo a película de como se creou:

Quedémonos coa reflexión final de Fernando Villar: “La herramienta para evitar cualquier problema en Internet la tenemos en nosotros mismos: se llama sentido común. Utilicémoslo.”

TGP 3R

Posted on 24 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: