Marca de excelencia…¿feble?
Esta semana continuamos coa nosa labor investigadora, contactando con máis persoal relacionado co Campus Vida. Falamos co Decano da Facultade de Enxeñaría Química, Juan M. Lema.
As cuestións que lle plantexamos xiraban en torno á súa opinión persoal acerca da iniciativa da USC e, entre as súas declaracións poderiamos destacar o feito de que considere que a “marca de excelencia” que outorga ás facultades o Campus Vida, cobra menos importancia ao non especializarse nun campo de estudo en concreto, senon “nas ciencias da vida en xeral” . Tamén Juan recalcou a total necesidade dunha remodelación que veñen tendo algunhas facultades nos últimos anos e que non foi ata a aparición do Campus Vida cando se platexou dita necesidade por medio dun plan presupostario.
Seguiremos informando.
(TGA 2a3)
Posted on 25 Marzo, 2011, in Documentos and tagged Laboratorio (TGA´s), Xornalismo. Bookmark the permalink. 3 Comentarios.
E por que credes que a situación do Campus Vida é esta? Existe algunha necesidade de concretar as súas accións, tal como indicaba o entrevistado, ou é máis correcto facelo de xeito global, tal como está agora, aínda que cunha remodelación do seu plan?
Eu persoalmente penso que non habería que concretar tanto os campos de actuación, ao contrario do que opina que o entrevistado. É normal que el diga iso, xa que lle gustaría que a súa Facultade se vise máis “favorecida” que as demais, pero creo que ao “repartir” máis os receptores, repártense máis os beneficios que se obteñan.
Eu non estou dacordo coas opinións verquidas polo decano de enxeñería química. Eu penso que sendo un proxecto do calibre do Campus vida e co presuposto que ten e as necesidades de hoxe en día, o mellor é repartir equitativamente para todas as facultades. Somo unha universidade pública e polo tanto penso que promocionar máis a unha que a outra vai en contra “dos principios dunha educación universal”.