Superando obstáculos…

Esta semana dedicámonos a intentar contactar con algún dos organismos públicos como a Policía Local ou os Xuzgados, parte fundamental do noso traballo. Sen embargo, a pesar de ser institucións a pro do benestar social parece ser que non é tan doado achegarse a elas como pensabamos ao comezo. Os obstáculos que atopamos no camiño foron numerosos. ¿Será tan difícil para os xornalistas profesionais como para nós, simples estudantes, acceder á información destas entidades? ¿Ou realmente somos os estudantes unha especie perigosa da que deben protexerse? Ese será un dos aspectos que intentaremos averiguar para a semana que vén porque un par de pedras no camiño non nos frean e xa dispoñemos dun plan B. A primeira parte do novo plan é obvia: perseverar, perseverar e seguir perseverando…

(TGA 2b2)

Posted on 25 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Parece incrible pero os organismos públicos son algúns dos compartimentos máis fechados aos cidadáns que podes atopar. En principio, aí están para nos atender (primeiramente xa porque os estamos mantendo) pero logo non nos estrañemos se nos mandan de paseo. Un tanto vergoñento vaia. O texto de Pablo Fernández Christlieb “El espíritu de la calle” di que dende que existe administración existe tamén unha ruptura de igualdades entre a burocracia e a xente. Velaí están eles tras as súas xanelas ou mesas de despacho, deixándonos claro quen está por riba. As cousas non deberían ser así, claro está.
    Sobre o que dicíades de se aos xornalistas profesionais lles pasará o mesmo, supoño que non tanto aída que, con todo, imaxino seguirá habendo reticencias.

  2. grupointeractivo1

    Como di Pablo Mayo imaxino que ós xornalistas profesionais non lles porán tantas trabas, especialmente se é para falar ben desas institucións. De todas formas noraboa polo esforzo e as ganas coas que afrontades estas dificultades.

  3. Lucía Caride Nimes

    Como di Pablo Mayo imaxino que ós xornalistas profesionais non lles porán tantas trabas, especialmente se é para falar ben desas institucións. De todas formas noraboa polo esforzo e as ganas coas que afrontades estas dificultades.
    (era meu o comentario, perdón por poñelo dúas veces)

  4. Ángel Miranda Ramos

    Como dixeron os meus compañeiros, parece incrible que unhas institucións que están ao servizo dos cidadáns non lle proporcionen axuda cando realmente a precisan. E o que é mais vergonzoso e que llo poñan tan difícil aos estudantes de xornalismo, polo mero feito de ser iso, estudantes. Seguro que se son xornalistas profesionais non ocorre iso, pola conta que lle ten. Só queda por dicir que o sigades a intentar e que vaiades a por todas.

  5. Grazas a todos polos ánimos. A verdade é que sudamos sange para poder concretar ditas entrevistas. Resulta incrible as trabas que poden estes organismos oficiais provocar en estudantes que non teñen outra pretensión máis que a de realizar a encomenda dun traballo da mellor maneira posible. Aínda que iso si, unha vez movido ceo e terra, que dicir tamén ten, dentro do posible, o ben que nos atenderon. Agardemos que nun futuro, cando sexamos xornalistas de profesión, alo menos non faga falla dar cen voltas á cidade e andar de papeleo dun lugar para outro para levar a cabo unha entrevista cun corpo oficial.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: