A submisión na urbe

“Sobre el telón de fondo del metro, nuestras acrobacias individuales parecen participar así, de manera felizmente apaciguante, de la suerte de todos, de la ley del género humano que resumen algunos lugares comunes y simboliza un extraño lugar público… maraña de recorridos, algunas de cuyas prohibiciones explícitas (Prohibido fumar, Prohibido pasar) acentúan el carácter colectivo y regulado. Está, pues, muy claro que si en el metro cada cual ―vive su vida, ésta no puede vivirse en una libertad total, no sólo porque el carácter codificado y ordenado de la circulación del metro impone a cada cual comportamientos de los que no podría desviarse sino exponiéndose a ser sancionado, ya por la fuerza pública, ya por la desaprobación más o menos eficaz de los demás usuarios”.

AUGÉ, Marc. El viajero subterráneo. Un etnólogo en el metro, LIEBREEDICIONES DIGITALES, 2009, pág. 25.

Esta pasaxe da obra de Augé fíxome reflexionar sobre o limitada que temos a nosa liberdade no contexto da urbe. E é que a lei, esa norma presuntamente consensuada, froito do contrato social, restrinxe as nosas accións diariamente, paso a paso, co pretexto de protexer a seguridade allea. ¿Ata que punto, pois, somos libres no seo da metrópole? E, peor aínda; ¿ata que punto somos conscientes das prohibicións que nos impoñen, cedendo ante elas, caladamente? Canta menor liberdade do individuo, maior conquista do Poder. Semella ser ésta a lóxica directamente proporcional que vén de instaurarse na sociedade actual (a lei Sinde, entre moitas outras reformas, acaba de demostralo).

Todo apunta a que estamos condenados á dinámica do “cívico”; a nosa liberdade remata onde empeza a dos demais. Esa é a escusa da que se vale unha norma abusiva, deseñada para o cidadán pero sen contar con el.

Nerea Pallares Vilar, CL4X.

Posted on 27 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Certo é.
    A socialización é, historicamente, unha negociación entre ávaros. Un tira e afrouxa egoísta, determinado polo afán acumulativo que instalou no ser humano o concepto de propiedade. Queremos ter “iso” e, a poder ser, que non o teña “o outro”.
    Con esta herdanza xenética non é raro que o grupo dominante, capaz de regular e lexislar o marco social, se “apropie” de nós coma de mercadoría. Seguimos sendo ávaros, pero iso sí, só entre nós, que é o que nos permiten…

    Fontoira Triñanes CL4X

  2. Cristina Méndez Salgado

    A realidade é que cada vez estamos máis controlados e nós somos incapaces de darnos conta porque todo nos parece normal para convivir pacíficamente. Pero en realidade deberíamos preguntarnos se como dixo Nerea a Lei Sinde ou a prohibición de fumar é unha medida para favorecer a vida en común ou é un mero trámite mercantil. Á vista das últimas reformas e comparándonos con países europeos que considero máis avanzados ca España, eu penso que España está baixo mando do mercado pero sometida dunha forma que demostra a pouca conciencia e pensamento crítico que temos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: