Denomínase “Bajo Flores”

O “Bajo Flores” é un dos barrios non oficiais, e máis pobres, da cidade de Bos Aires, Arxentina. Sitúase na zona sur do Barrio de Flores, separado polas avenidas Perito Moreno, Balbastro, Varela e Castañares.

Este barrio “non oficial” caracterízase  polas súas casas baixas nas que habitan preto de 80.000 inmigrantes orixinarios de Bolivia, Perú e Paraguai. Agora, xunto a algúns arxentinos, os seus únicos residentes.

Eles vense como unha mostra da Patria Grande, coa que soñaron San Martín e Simón Bolívar. Bolivianos, paraguaios, peruanos e arxentinos de todas as latitudes do país conviven coas súas costumes, comidas, festas, frases e palabras para fundir unha nova identidade con amalgama de cores e riqueza infinita.

Neste contexto, o seu gran obxectivo é cambiar o modelo de exclusión social que están a sufrir por parte das institucións públicas arxentinas.  E, conseguir así, acadar o rango de “oficialidade” que os equipare ao resto dos cidadáns do país.

 

Lorena Ruibal Serra CL4X

 

Posted on 27 Marzo, 2011, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Rubén Luengo Miguel del Corral

    De que xeito pretenden acadar ese grao de “oficialidade” do que falades? Supoño que existe unha certa noción de comunidade, ou entidade social, entre eles, pero é unha agrupación artificial e recente ou posúen algún legado tradicional? E o máis importante: son hostiles ou cordiais no trato coa xente que non pertence ó seu grupo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: