A praza de Cervantes, a nosa sala de estar

Probablemente, a Ágora da capital galega
Tras dar boa conta dos interesantes puntos de vista de sor Esther, elo da cadea que une os grupos da suposta “exclusión” coa autodenominada sociedade, voltamos ó centro neurálxico do noso “experimento social”: a praza de Cervantes. Alí é onde nos dirixiremos, probablemente cara a finais desta semana, a vivir nas nosas propias carnes como vai a comunicación por alí, nun espazo onde trasegan executivos con traxe, malabaristas da rúa, amas de casa dirixíndose ó seu ultramarinos de sempre e persoas que adican o seu tempo a ve-la vida pasar encaramados a unha litrona.
Para que a nosa comunicación sexa algo metódica e “científica”, dentro da improvisación que supón toda interacción humana, imos elaborar un cuestionario. Unhas pequenas guías, que servirán para inspirarnos e non para seguir ó pé da letra, para que falando e falando cheguemos o quid da cuestión sobre a que estamos investigando: existe exclusión dentro da sociedade compostelá? Seguiremos informando…
TGA 3b2
Posted on 28 Marzo, 2011, in Sen clasificar and tagged Tribus da cidade. Bookmark the permalink. 5 Comentarios.
Consideramos que se dedicaron a hablar del ambiente en la plaza y no lo que realmente importa y es contarnos lo que estan haciendo, como es la actitud de las personas las unas con las otras, hablas de ejecutivos, amas de casa, etc.. ya deberian de tener o dar algunas ideas sobre si existe o no esta exclusión; Hablan de un cuestionario, pero no dicen de lo que irán las preguntas y darnos una idea de lo que estan trabajando.
Tienen razón, esta plaza es muy transitada, yo vivo muy cerca de ahi y siempre hay todo tipo de personas, los que vivimos en los alrededores, peregrinos, turistas, es lugar de encuentro de estudiantes y de unos cuantos bebedores consuetudinarios, q la verdad de todos estos grupos podrían ser un grupo de excluidos, pues la gente al pasar algunos les dan una moneda, otros los ven con cierto desprecio y otros con cierto temor.
Moitas grazas pola túa aportación e é de gran axuda saber a opinión dunha persoa nova e que convive día a día nesta praza.
Aquí o que pasa é que, ao non saber entre liñas, non vos dades de conta de que observar, escoitar e ver o que pasa nesa praza é algo primordial antes de comezar de falar coas persoas que alí conviven.
Ademais, o equipo de crítica e corrección debería dar algunha alternativa ou aportación para mellorar o noso traballo, posto que se entende as críticas deben ser constructivas e non destructivas.
Un saúdo.
Esta praza actúa coma un pequeno ecosistema no que a maxia se consegue pola diversidade. Máis ca excluídos ou non excluídos, o que existe é unha compensación. Ti paseas polos recunchos da praza é pasas desapercibido; ao mesmo tempo que es consciente da diversidade do teu redor, non te paras a mirar. Ésa é a maxia que se consegue en rúas como esa de Santiago.